Despois da viaxe a Illa Reunión, o seguinte destino do noso proxecto Erasmus foi Portugal. Ana López e Maite Bellas, as profes á fronte desta expedición, resúmennos neste vídeo as mellores lembranzas dunha semana chea de vivencias e aprendizaxes.
Escaparate de complementos de verán realizado polo alumnado de 1.° de ciclo medio de Actividades Comerciais. Todo listo para dar a benvida ao bo tempo!
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN 1º DE ESO CURSO 2022-23
ACTUALIZACIÓN 18 DE MAIO:
DISPOÑIBLE A LISTAXE DEFINITIVA, que pode consultarse no instituto ou en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Non se poden publicar as listaxes debido a un problema na aplicación informática admisión alumnado que debe de ser arranxado polos Servizos Técnicos da CEOU.
En canto se solucione o problema procederase á publicación do listado de admitidos.
A Coruña a 13 de maio de 2022
O Equipo Directivo
A finais do mes de marzo unha delegación do noso instituto, encabezada polos profesores Violeta Bellas e Manuel Rodríguez, viaxou a Illa Reunión dentro do programa Erasmus desenvolvido con participantes doutros países: Portugal, Noruega e Austria.
Unha experiencia moi gratificante, para profes e alumnado, que Violeta nos resume nas seguintes liñas, e da que podedes facervos idea a través do seguinte vídeo:
A Consellería de Cultura, Educació e Universidade vén de publicar as seguintes directrices sobre o uso da máscara no ámbito educativo para a Comunidade Autónoma de Galicia.
RESUMO:
- Obrigatorio o uso da máscara no transporte escolar.
- Recomendado:
Ver documento adxunto.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer