Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESCAPARATE - TENDA DE NOIVA

 

 

Chega marzo e aproxímase a época de vodas e eventos varios. O alumnado de 2.° curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais tráenos este escaparate para unha tenda de noivas.

 

FP DUAL

 

No día de hoxe incorpóranse ás empresas que colaboran nos diferentes proxectos de #FPdual preto de 50 alumnos e alumnas correspondentes aos ciclos de:
✔️1.° e 2.° curso do CM de Comercialización de Produtos Alimentarios
✔️1.° curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
✔️1.° curso do CS de Transporte e Loxística
Moita sorte durante estes 6 meses de aprendizaxe na empresa!

VISITA GRUPO CUEVAS

 

O alumnado de 2.° curso dos ciclos superiores de Comercio Internacional e de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitaron onte as instalacións de Grupo Cuevas, en Ourense. Nesa visita puideron coñecer as áreas loxística e comercial da empresa, con posterior visita á vila de Allariz.

TEATRO COLÓN

Alumnado de Latín e literatura Universal asistiu no día de onte á representación de "Medea", no Teatro Colón, unha magnífica posta en escea a cargo da compañía "Noite Bohemia"
Despois da representación leuse un manifesto pola defensa dos estudos clásicos: do latín, do grego e da cultura clásica, reivindicando unha maior presencia destas materias no ensino.

PODCAST 11F

 
Novo programa de "O Son das Aulas", na sección Ciencia e tecnoloxía na radio. Nesta ocasión, a Doutora Lucía Ramos García, profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, é entrevistada polas alumnas Iria, Sara e Leire de 1.º BAC con motivo da Semana da Muller na Ciencia e a Tecnoloxía.
Programa xa dispoñible en:

VIAXE A GRECIA

 

Xa de volta o alumnado que durante esta semana viaxou a Grecia acompañado da profesora Luisa Rodríguez.
Semana intensa, que comezou coa visita a un dos lugares máis emblemáticos de Grecia: Delfos, onde a insigne delegación zalaética puido consultar o oráculo.
A visita a Meteora era unha das máis esperadas e sobrepasou con creces as todas as expectativas. Despois da visita a Tesalónica e a Volos, de onde saíu a mítica expedición dos Argonautas, estiveron dous días en Atenas, desfrutando dos seus magníficos monumentos e museos. Ademais da oportunidade de coñecer a antiga e a moderna cultura grega da man do entrañable e sabio guía grego, esta semana permitiulles gozar da convivencia que, en moitos casos, acabou converténdose en amizade, entre alumnado e profesorado de 14 institutos de Galicia.

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer