Correlingua 2014 15 de maio de 11:20 a 13:20 Alumnado: 1º, 3º e 4º da ESO Profesorado acompañante:
Neves Amado, Xóan Costa, Mª Xosé Bravo, Beatriz Méndez, Isabel de la Puente, Conchita García, Fran Soto, Pili Iglesias, "O paso adiante" E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!! Trazamos un camiño ............................ O manifesto completo neste enlace
|
Mólame o Rugby!!!!! Un grupiño de alumnos de Zalaeta estiveron na concentración escolar ¡Mólame o Rugby!, organizada polo CRAT, con xogos de iniciación ao RUGBY, partidos de RUGBY TAG, agasallos para os participantes e un pequeno terceiro tempo. Aproveitamos para comentar que hai un colectivo moi activo do CRAT volcado na promoción do RUGBY de base, aproveitemos as ocasións para facer MÁIS RUGBY!!. O outro día fomos xogar na praia, e hai máis propostas ricas de rugby, QUERES PROBALAS? |
XIX Dia da Ciencia na Rúa Sábado 10 de maio Parque de Sta Margarida O noso centro estará presente co alumnado de ESO e Bacharelato
Participamos cunha proposta multidisciplinarna que caben xogos, mapas, pasatempos, vocabulario, explicacións sobre a evolución e os avances científico tecnolóxicos,... todos temas cun eixo común entorno á “Galicia Industrial”, Profesorado acompañante: Paz Freire, Almudena García, Almudena Jiménez, Carlos Lorenzo Mais Información neste enlace |
15 de maio de 2014 - Correlingua Manifesto 2014 "O paso adiante" E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!! Trazamos un camiño ............................ O manifesto completo neste enlace |
Un grupiño de 2º ciclo e 1º Bach. demos a benvida a este 3º bimestres moi intenso e curtiño, facendo RAFTING no río Ulla, sentindo subidón e liberdade. E orientámonos nun plano, xogando, recitando, bailando, entrevistando, rindo, creando, compartindo, e APRENDENDO!! |
O pasado xoves 3 de abril o alumnado de Hª da Arte fixemos a nosa visita obrigada a Santiago de Compostela. Aprendemos, paseamos e non deixamos de preparar a omnipresente selectividade: o mestre Esteban, o mestre Mateo, Domingo de Andrade, Simón Rodríguez, Casas Novoa e Peter Eisenman acompañáronnos no noso percorrido (arquitectura variada para dar e tomar!) Como non perdemos o tempo, tamén tivemos ocasión de ver parte do Patrimonio da Universidade e comer tranquilamente os nosos bocatas na cafetería da Facultade Medicina como protouniversitarios que somos. Para repetir!! |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer