Punto Laranxa contra o acoso escolar

PODCAST: TALENTOS INCLUSIVOS: ASPACE E ZALAETA

Novo programa en O Son das Aulas! Este programa da sección "Ciencia na radio" é o primeiro dos programas para conmemorar a semana da ciencia desde o noso Club de Ciencia Zalatecno en colaboración con Aspace.
 
Jorge Santiago, da asociación Aspace, participante no proxecto Talentos Inclusivos, visita o centro e é entrevistado xunto con algúns alumnos e alumnas de Tecnoloxía do noso instituto cos que compartiu experiencias formativas. Estes foron Iria Campos, Beltrán Louzao, Carlos Núñez de 1.º de BAC e Javier Tosar de 4.º de ESO. A publicidade ficticia corre a cargo do alumnado de Oratoria de 3.º da ESO, Reynaldo Araúz, Bruno Piñeiro, Diego Gesto, Reny Vera, Antón Casas e Pablo Casares.
Xa dispoñible en:
✅Blog O Son das Aulas: https://sites.google.com/view/clubdeletrasieszalaeta202021/curso-2022-2023/ciencia-na-radio
✅Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/102227166
✅Spotify: https://open.spotify.com/episode/6KVQNe6Rfn7HBeeXkk95bV?si=424a0623564d475f

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer