Espectacular photocall deseñado polo alumnado de Actividades Comerciais, capitaneado pola profesora Noelia Sánchez! Deste xeito dinamizaron o centro para o día de hoxe, empregando materiais reciclados, e creando unha xincana por todo o instituto para que participe o alumnado da ESO.
Queremos felicitar a Antía Fernández Loureiro, alumna de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e á súa titora e profesora de Escaparatismo, Sol Seoane, pola medalla de ouro na edición 2023 de GaliciaSkills-Escaparatismo e comercialización visual. É para nós un orgullo e unha satisfacción este recoñecemento ao seu traballo e dedicación para preparar estas probas. Moitos parabéns! Toca seguir traballando...Madrid 2024 agárdavos!
Visitou a edición de Galicia Skills 2023 alumnado de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (modalidade dual e ordinario).
Publicadas no BOP as bases do PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25, que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos.
Información nos documentos que se inclúen nesta publicación.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer