Xa está aberto o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as axudas para material para o vindeiro curso 2020/21 (Orde de 12 de maio, DOG 19 de maio).
Presentación de solicitudes:
- Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Farase 1 única solicitude por familia.
2. Podénse presentar presencialmente no centro as solicitudes. Para evitarmos desprazamentos innecesarios e acumulación de persoas no centro, pregamos:
- Traian cubertos os impresos ao centro. Poden descargar os impresos na seguinte ligazón: Anexos I e II. No caso de non poder imprimilos, poden recoller o impreso no propio centro.
- Traian a seguinte DOCUMENTACIÓN (orixinal e copia):
. Fotocopia do libro de familia (con todos os membros da unidade familiar).
. Sentenza xudicial de separación, divorcio ou convenio regulador (de ser o caso).
. Certificado de grao de discapacidade (de ser o caso).
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros