Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Lingua galega

Visita á illa

A finais de outubro visitamos tamén a Illa de San Simón. Comezaramos a estudar as cantigas medievais galego-portuguesas, verdadeiras xoias da nosa literatura, e quixemos aproveitar a útlima viaxe que facía a navieira que ofrece visitas guiadas á illa de San Simón e á enseada para ir ver, en directo, o escenario da cantiga de amigo do trobador que lle dá nome ao noso centro. E de paso coñecer a inmensa historia da Illa de San Simón. Foi unha viaxe moi formativa e divertida, que agardamos poder repetir en anos vindeiros.

Insertar arquivo: 

Visita á casa de Rosalía

Aproveitando un programa da Deputación de Pontevedra visitamos, xa no límite do trimestre, a Casa de Rosalía. Unha visita que se adianta lixeiramente ao momento no que explicaremos de cheo esta autora central da literatura galega e castelá do século XIX. Lástima que a choiva non nos permitise visitar tamén do xardín botánico de Padrón, mais si coñecimos ben a última casa na que viviu a autora. 

 

 

Insertar arquivo: 

O magosto para agosto

Como todos os anos, o IES Mendiño celebra o Magosto e nós, nesta ocasión, aproveitamos a festa para anunciar as gañadoras do Concurso de conxuros: Ainhoa, Sheila, Aroa e Julia. Moitos parabéns ás catro!!! Aquí vos deixamos as súas creacións, para que as gocedes.

Insertar arquivo: 

Faladoiros en galego

Seica xa non hai con quen falar en galego. Por iso moitos dos nosos estudantes non poden practicar na súa contorna a lingua propia de Galiza. Ou iso nos din. E nós non podemos consentilo. Xa que nos corresponde o labor de facelos competentes en lingua galega. E para iso cómpre falala. E, se na casa xa non hai con quen facelo, pois tocará falala aquí, no instituto, en todos os ámbitos e contextos que poidamos. Por iso botamos a andar os Faladoiros en galego: todos os venres, no recreo, diante da bibliteca. Se vos presta, vide botar unha parolada. Tema libre!

Insertar arquivo: 

Novo curso e novo concurso

Comeza o novo curso 2022-23 botamos a andar, xunto ao Equipo de Dinamización, un Concurso de conxuros, co que pretendemos estimular poeticamente a creatividade do noso estudantado, ao tempo que nos liberamos de todo o malo deste ano e chamamos por todo o bo para o curso que comeza. 

 

Insertar arquivo: 

Información importante para as probas de setembro de galego.

Intervención con personas migrantes y refugiadas | Fundación ...Deixámosvos un arquivo con información importante para as probas extraordinarias de galego do mes de setembro. Nel podedes ver os contidos mínimos de cada curso. Para descargalo podes facer click na seguinte ligazón:

 

 

Información sobre o exame de setembro de lingua galega

Falamos de "Corredora" de Mª Raimóndez

Velaquí vos deixamos dous dos traballos realizados polo noso alumnado de 1º da ESO-C

 

 

 

 

 

Festas tradicionais

 

Nesta sección queremos falarvos dalgunhas festas que se veñen celebrando en Galicia e que nós vivimos con moito agrado. Queremos dalas a coñecer a aquelas persoas que inda non as viviron, unhas son antiquísimas e propias do noso concello como a da Coca ou a dos Maios e outras, inda que son máis recentes e están un pouco máis arredadas de nós, teñen moita sona e paga a pena disfrutalas.

 

 

 

.

Vídeo-reseñas lectoras

 

Os rapaces e rapazas de 3º de ESO do IES Mendiño non só escribimos sobre os libros que lemos senón que tamén falamos sobre daqueles que nos gustaron. A nosa intención é dalos a coñecer a outras persoas e animalos a que gocen da súa lectura; a ver se con estas mostras conseguimos que alguén se anime: 

 

 

 

.

Curtas do alumnado de 3º de ESO de temática libre

  

Nesta ocasión, alumnos e alumnas de 3º de ESO deixamos de sermos espectadores para convertérmonos en actores. Interpretamos roles de persoas moi diferentes con temáticas ben distintas: o acoso escolar, a violencia doméstica, o narcotráfico, o uso do idioma de noso, as tarefas escolares… Algunhas destas curtas fannos rir, pero outras fannos reflexionar.

Velaquí algunhas destas mostras 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut