O pasado mércores 4 de marzo, os alumnos e as alumnas de 2º de bacharelato, realizaron unha visita a distintas facultades da Universidade de Vigo. Visitaron distintas facultades segundo os seus intereses, para coñecer de primeira man, que ofrece cada unha delas e para solventar as dúbidas que puidesen ter. Achegamos un par de fotos deste día:
Este pasado día 28 de febreiro, celebrou-se na Sala de Congresos do Pazo da Cultura da veciña cidade de Pontevedra a fase local do Club de Debate.
Esta actividade, organizada e promovida na nosa vila polo Concello, consiste en someter a debate entre equipos constituídos polo alumnado dos centros de ensino dos cursos de 3ªe 4ª de ESO e 1ª de Bacharelato, un tema de actualidade. Tráta-se ao cabo de fomentar a investigación, a pescuda de argumentos e a capacidade de debate público, cualidades todas elas imprescindibles para a mocedade dunha sociedade democrática.
Por segundo ano consecutivo o noso instituto estivo presente co noso equipo
;
Desta volta iamos acompañados por outro equipo da nosa vila: o constituído polos amigos e amigas do IES Illa de San Simón.
O debate transcurriu ao longo da xornada, con momentos especialmente interesantes, nos que os mozos e mozas debateron arredor dun asunto rabiosamente de actualidade: estamos a tempo de salvar ao planeta do cambio climático?
Na dinámica deste programa, cada equipo debía defender, alternativamente, as duas posturas: a favor e en contra.
Deixamos algunhas imaxes do magnífico traballo realizado polo equipo que representou ao noso instituto
;
Desta primeira fase, clasificaban-se par o seguinte os dous equipos que obtiveran as duas maiores puntuacións que foron o do IES Felix Muriel de Rianxo, e o equipo dos nosos amigos e amigas do IES Illa de San Simón.
Van os nosos parabens para os dous equipos clasificados, aos que desexamos moitos exitos na fase final que se celebrará en Santiago de Compostela en dous meses.
Nos, xa estamos a cavilar no próximo curso. Retrucasme?
Versos de Rosalía dentro e fóra das aulas, versos rapeados, versos inspiradores de bandas deseñadas, versos traducidos e recitados tamén noutras linguas... son algunhas das actividades que o alumnado do Mendiño realizou para conmemorar o día do nacemento desta autora. Muller sensible. Referente necesario de dignidade e compromiso coa terra.
Nas seguintes ligazóns pódense ver unha banda deseñada do alumnado de 3º ESO (banda deseñada) e unhas fotos do alumnado que recitou os versos (fotos)
Como xa sabemos, esta semana é a semana previa ao entroido e no centro estamos de celebración por este feito. Cada día da semana, temos que traer posto unha prenda ou cousa. Ditas prendas, son acumulativas ata o venres que xa cada un ven co seu disfraz. O venres, o alumnado vaise disfrazar no recreo e nas 3 últimas horas, teremos unha festa con choripan. Aquí tendes o que hai que traer cada día:
O alumando de 4º ESO e 1º BACH, tiveron unha saída ao salón educativo Edugal en Pontevedra o mércores 12 de febreiro.Alí tiveron a oportunidade de interesarse por distintas saídas laborais e educativas, así como de participar nalgún obradoiro tal e como se pode ver nas imaxes da seguinte ligazón:
Este curso, celebrouse o día de San Valentín cun concurso de tarxetas no que participou o alumnado de todo o centro. Ditas cartas foron repartidas polo centro por alumnos de 2º de bacharelato disfrazados de Cupido. Podes ver algunha foto do evento na seguinte ligazón:
O alumnado de 4º ESO e 1º BACH, celebraron o día da paz preparando distintas actuacións musicais e a lectura dun poema en francés, que compartiron con todos/as durante o recreo. Felicitacións pola actuación.
O pasado día 20 de decembro, xustamente na última xornada léctiva do primeiro trimestre, o noso instituto adicóu boa parte do tempo a celebrar un día adicado á reclamación da Ciencia en Galego e a reivindicación da expresión musical.
Comezou a celebración cunhas palabras do noso director D. José Antonio Martínez Domínguez nas que reclamou precisamente un mellor trato ao noso idioma por canto hoxe a normativa vixente impide o uso normal do galego para impartir as aulas de materias como as matemáticas.
Precisamente o pasado día 17 de decembro, o Consello de Europa advertía de que España incumpre os seus compromisos europeos para preservar a riqueza lingüística. Precisamente o comité de ministros do Consello de Europa, no seu informe, emprazou ao goberno español a reforzar o uso das linguas cooficiais na administración central e a garantir o seu uso por exempro na administración de xustiza.
Ademais a institución, con sé en Estrasburgo insta en dito informe aos responsabeis autonómicos a eliminar os límites impostos nas aulas ao noso idioma propio, o galego, concluíndo o escrito que a presenza do idioma galego no sistema educativo de Galiza é insuficiente, incumplíndose os compromisos derivados da Carta Europea da Linguas Minoritarias, asinada por España, que exixe unha liña educativa integramente en galego.
Deseguido o acto continuou coa interpretación de varias pezas musicais por parte de grupos do alumnado. En primeiro lugar, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacherelato, interpretaron Doeba, un canon en swing da autoría de Rieks Veenker, que podedes ver e escoitar a continuación:
A continuación, o grupo de alumnado de 1º de Bacharelato interpretou a peza “When I was your man” de Bruno Mars:
Para continuar, o grupo de 4º de ESO, interpretou a cantiga popular xaponesa “Akai hana, shiroi hana” na versión de Mei Nakayabashi:
E logo comezou a festa da Ciencia. O alumnado percorreu libremente o centro no que estaban instalados 30 experimentos científicos. Cada un dos experimentos estaba presentado e era explicado por alumnos e alumnas dos cursos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, que durante ese tempo, tomando o rol de autenticos profesores e profesoras, explicaron, instruíron e divertiron aos seus compañeiro e compañeiras .
No mes de outubro, o alumnado de 1º Bacharelato de Música, tivo a oportunidade de asistir a un concerto clásico organizado pola Fundación ABANCA de Vigo. As entradas foron de balde porque baixo o título “Quedamos no palco, quedamos coa clásica” esta institución pretende achegar o ambiente clásico aos escolares.
A idea inicial era facer unha crítica musical escrita, a modo de reflexión, desta audición, pero grazas á iniciativa do Departamento de Normalización Lingüística, a través de Xabier Toba, e ao entusiasmo do alumnado surxiu o proxecto deste vídeo. Con el pretendemos contaxiar os bos momentos que pasamos ese día e animar a máis persoas a que acudan a este tipo de eventos.
Avenida Mendiño, 40
36693 Cesantes(Redondela)
Tlf: 886110590
Fax:886110599
ies.mendino@edu.xunta.es
Mendi Forum
Aula virtual
Empréstimo biblioteca
Para solicitar algún libro da biblioteca, pincha na seguinte ligazón e cubre o formulario.