O Instituto de Ensino Secundario Mendiño é o Instituto de Redondela. Estivo primeiro situado nun edificio da Xunqueira, o actual Multiusos, á beira da Casa do Concello.A primeira noticia que temos del é no ano 1.967, cando se propón por parte da corporación de Redondela, presidida por Pedro Otero Rey,a construcción dunha Sección Delegada do Instituto de Bacharelato. Expoñían a necesidade de contar cun centro de ensino medio na localidade debido ao alto número de alumnos existentes e ao alto custo que lle supoñía ás familias o desprazamento dos alumnos e alumnas a estudiar fóra.
Construíuse o centro en Redondela, non sen que o propio concello de Redondela asumise unha cimentación máis forte e cara do que inicialmente se prevía no proxecto por estar situada a parcela cedida a Educación en terreos gañados ao río Alvedosa. Sen embargo, a inauguración oficial retrasouse porque entrou en vigor a Lei Xeral de Educación de 1.970 e desapareceron as chamadas seccións delegadas e apareceron os institutos de bacharelato. Con esta denominación abriu as súas portas no ano 1.972 o Instituto de Bacharelato de Redondela, hoxe Mendiño.
O segundo fito histórico de gran importancia na historia do Instituto Mendiño ocorreu no ano 1.988 cando cambiou de ubicación e veu para o actual edificio, máis grande, moderno e funcional.
A historia do Mendiño é a historia de Redondela desde o anos setenta. Forma parte da historia persoal e íntima de milleiros de alumnos e alumnas que percorreron as súas aulas e corredores nunha etapa crucial da vida, xusto cando se deixa a infancia e se peta nas portas da madurez.