O IES Mendiño presenta as seguintes actividades dentro do Plan Lector Anual:
A. Mellora das competencias lectoras.
1. Técnicas de traballo intelectual. En todas as áreas se exercitan as técnicas lectoras como parte fundamental da adquisición dos coñecementos.
2. Traballos de investigación. Os departamentos programan traballos que implican unha lectura e selección de contidos adecuados.
B. Actividades sistemáticas de lectura:
1. “Hora de ler”. Unha hora semanal de lectura individual, libre e silenciosa.
2. “Lecturas complementarias”. Os departamentos programan lecturas de libros recomendados.
C. Actividades voluntarias de lectura:
1. “Club de lectura”. Lectura dun libro mensual para comentario e debate. É unha práctica de socialización e creación de comunidade de intereses ao redor dos libros e da lectura.
2. “Libro do mes”. Lectura voluntaria dun libro que se propón desde a biblioteca escolar.
3. “Lecturas recomendadas”. Os departamentos recomendan lecturas de ampliación do currículo escolar.
D. Fomento da lectura:
1. Celebración das conmemoracións literarias como o Día das Bibliotecas, o Día do Libro ou o Día das Letras Galegas que implican a lectura de cando menos textos seleccionados.
2. Encontros con escritores que presentan un libro que foi lido previamente.