E chegou o gran día, o 20 de xuño,...
Houbo música: Aida Castro, de 3º de ESO, cantou de xeito estupendo, para todos nós. Os noso parabéns pola súa fermosa voz e por permitirnos compartila.
Houbo tamén cine: dúas curtametraxes interpretadas polos rapaces e rapazas de 4º de ESO, dirixidos polo seu profesor Leo Fernández. E proxectouse a longametraxe “Million Dóllar Baby”.
E tamén tivemos actividades deportivas: brilé, fútbol-sala, baloncesto, balonmán, badminton e xogos populares.
Cos nosos mellores desexos, que pasedes un feliz verán e que traiades os azos renovados para o vindeiro curso!
Ollade a ledicia dalgunhas das nosas alumnas....