Neste apartado vanse incluir imaxes, videos e información daquelas actividades físicodeportivas que facemos nas nosas sesións de clase e complementan a formación de todos os alumnos e alumnas. Algunhas levaranse a cabo dentro das instalacións do propio centro; outras, en cambio, debido á falta de instalacións e materiais, nos vemos na obriga de realizalas fóra. Todas elas están recollidas na programación da área e levaranse a cabo nas datas sinaladas, sempre que as condicións personais, materiais e económicas o permitan.