Aproveitando un programa da Deputación de Pontevedra, visitamos xa no límite do trimestre a Casa de Rosalía. Unha visita que se adianta lixeiramente ao momento no que explicaremos de cheo esta autora central da literatura galega e castelán do século XIX. Lástima que a choiva non nos deixase gozar tamén do xardín botánico de Padrón, mais si coñecimos ben a última casa na que viviu a autora.