Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 VERSIÓN 20/05/2022

O 20 de maio de 2022 a Consellería publicou unha nova versión do Protocolo COVID para os centros educativos. Aquí traemos as principais novidades que se achegan no documento:

Medidas recomendadas:

  • Realizarase unha axeitada hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector.
  • Uso de máscara non obrigatorio: rexerase pola lexislación vixente e posteriores actualizacións e recomendacións se as houber. O protocolo indica que resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do  alumnado coma dos/as traballadores/as do centro
  • Transporte escolar: O uso da máscara segue a ser obrigatorio. Axustarase ao previsto na lexislación vixente sobre o uso en medios de transporte.
  • Na ESO e Bacharelato, os grupos/aulas poden interaccionar entre si en  interiores e en exteriores.
  • O tamaño máximo das clases será acorde aos rateos establecidos na normativa aplicable (desaparece as medidas de separación de 1,2 metros entre as mesas).
  • Permítense actividades extraescolares e complementarias.

Poden consultar o documento co novo Protocolo COVID na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2022_05_20_protocolo_co...

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



page | by Dr. Radut