Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

HISTORIA

O Instituto de Ensino  Secundario Mendiño é o Instituto de Redondela. Estivo primeiro situado nun edificio da Xunqueira, o actual Multiusos, á beira da Casa do Concello.A primeira noticia que  temos del é no ano 1.967, cando se propón por parte da corporación de  Redondela, presidida por Pedro Otero Rey,a construcción dunha Sección  Delegada do Instituto de Bacharelato. Expoñían a necesidade de contar cun centro de ensino medio na localidade debido ao alto número de alumnos  existentes e ao alto custo que lle supoñía ás familias o desprazamento dos  alumnos e alumnas a estudiar fóra.

Construíuse o centro en Redondela, non sen que o propio concello de Redondela asumise unha  cimentación máis forte e cara do que inicialmente se prevía no proxecto por  estar situada a parcela cedida a Educación en terreos gañados ao río Alvedosa.  Sen embargo, a inauguración oficial retrasouse porque entrou en vigor a Lei  Xeral de Educación de 1.970 e desapareceron as chamadas seccións delegadas e  apareceron os institutos de bacharelato. Con esta denominación abriu as súas  portas no ano 1.972 o Instituto de Bacharelato de Redondela, hoxe Mendiño. 

O segundo fito histórico de gran importancia na historia do Instituto Mendiño ocorreu no ano  1.988 cando cambiou de ubicación e veu para o actual edificio, máis grande,  moderno e funcional.

A historia do Mendiño é a historia de Redondela desde o anos setenta. Forma parte da historia persoal  e íntima de milleiros de alumnos e alumnas que percorreron as súas aulas e  corredores nunha etapa crucial da vida, xusto cando se deixa a infancia e se  peta nas portas da madurez.

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



page | by Dr. Radut