Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Celebración do Magosto

O día 9 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. O cartel anunciador correu a cargo do noso alumno de 2º ESO Nícolas Álvarez. Tivemos un concurso de saborosas tortas e doces realizados con froitos da tempada: castañas, noces, abelás... O noso alumnado é fantástico en todos os sentidos, mesmo no aspecto culinario; que boas estaban esas tortas!!!. Os nosos parabéns para todos os nosos rapaces e rapazas confiteiros. Os gañadores foron: Aída Álvarez de 2º ESO, Luis Antonio Cruz de 3º ESO e Yurena García de 4º ESO.

Na festa non faltaron as castañas e a música, o alumnado encheu o centro de castañas e Mª Xesús, Oscar e Victor interpretáronnos unhas fermosas pezas de gaita que fixeron as delicias de todo o mundo. Uns asaban castañas, outros comíanas, algúns xogaban no patio á pelota, á corda e outros no pavillón disputaban uns partidos de fútbol-sala. O ambiente era fantástico e a música inzaba o ambiente.

Rapaces e rapazas de 1º de ESO: Izaskun, Jackeline, María, Ricardo, Juan José, Martín, Manuel Ángel e Pablo, foron polas clases de 1º e 2º de ESO lendo relatos de medo. Fixérono de marabilla!!! Amais repartiuse entre toda a comunidade educativa uns contiños de medo que escribiron e ilustraron os nosos rapaces e rapazas. Temos aquí unha boa madeira de escritores; xa vos iremos informando.

E aínda que axiña vos colocaremos unha galería de imaxes, eis unha pequena mostra.

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



page | by Dr. Radut