Ligazóns importantes
REINCORPORACIÓN DO ALUMNADO QUE TIVO QUE FACER PCR (3º ESO - 2º BACH)
A reincorporación ás aulas presenciais do alumnado de 3º da ESO a 2º de Bacharelato que tivo que facer as probas PCR polo cribado que se realizou no centro, farase do seguinte xeito:
1. A/o alumna/o ten que ter feito a proba PCR e ter un RESULTADO NEGATIVO.
2. A/o alumna/o non é contacto directo dun positivo por COVID (xa que nese caso ten que facer o período de corentena que marquen os rastrexadores).
Dadas estas dúas condicións, o alumnado con PCR negativa e que non foi confinado por estar en contacto directo cun positivo, deberá reincorporarse a partir do MÉRCORES 27 DE XANEIRO. Agradecemos a súa comprensión
José Antonio Martínez
Director do IES Mendiño