Ligazóns importantes
Ciencia en galego
O pasado día 20 de decembro, xustamente na última xornada léctiva do primeiro trimestre, o noso instituto adicóu boa parte do tempo a celebrar un día adicado á reclamación da Ciencia en Galego e a reivindicación da expresión musical.
Comezou a celebración cunhas palabras do noso director D. José Antonio Martínez Domínguez nas que reclamou precisamente un mellor trato ao noso idioma por canto hoxe a normativa vixente impide o uso normal do galego para impartir as aulas de materias como as matemáticas.
Precisamente o pasado día 17 de decembro, o Consello de Europa advertía de que España incumpre os seus compromisos europeos para preservar a riqueza lingüística. Precisamente o comité de ministros do Consello de Europa, no seu informe, emprazou ao goberno español a reforzar o uso das linguas cooficiais na administración central e a garantir o seu uso por exempro na administración de xustiza.
Ademais a institución, con sé en Estrasburgo insta en dito informe aos responsabeis autonómicos a eliminar os límites impostos nas aulas ao noso idioma propio, o galego, concluíndo o escrito que a presenza do idioma galego no sistema educativo de Galiza é insuficiente, incumplíndose os compromisos derivados da Carta Europea da Linguas Minoritarias, asinada por España, que exixe unha liña educativa integramente en galego.
Deseguido o acto continuou coa interpretación de varias pezas musicais por parte de grupos do alumnado. En primeiro lugar, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacherelato, interpretaron Doeba, un canon en swing da autoría de Rieks Veenker, que podedes ver e escoitar a continuación:
A continuación, o grupo de alumnado de 1º de Bacharelato interpretou a peza “When I was your man” de Bruno Mars:
Para continuar, o grupo de 4º de ESO, interpretou a cantiga popular xaponesa “Akai hana, shiroi hana” na versión de Mei Nakayabashi:
E logo comezou a festa da Ciencia. O alumnado percorreu libremente o centro no que estaban instalados 30 experimentos científicos. Cada un dos experimentos estaba presentado e era explicado por alumnos e alumnas dos cursos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, que durante ese tempo, tomando o rol de autenticos profesores e profesoras, explicaron, instruíron e divertiron aos seus compañeiro e compañeiras .
Velai no seguinte video, unha breve reportaxe: