Ligazóns importantes
Recomendación do mes de marzo: Italo Calvino "El barón rampante"
O certo é que levamos moito tempo sen actualizarmos este apartado. Pero chegou o momento de poñernos “mans á masa”. E imos comezar con algo novidoso: cada mes procuraremos subir un pequeno vídeo no que un dos membros da nosa comunidade educativa nos fale dun libro que lle gustou ou que dalgún xeito o emocionou ou o sorprendeu; tanto ten.
Inicia este apartado de Recomendacións lectoras o noso benquerido profesor de Matemáticas Ánder Domínguez Arrieta quen, amais de dominar os números, é un gran lector.