Ligazóns importantes
E celebramos o entroido
E de novo, celebramos o Entroido. Unha divertida festa na que non faltaron os disfraces, simpáticos e enxeñosos, algúns deles vencellados ao mar (en relación co Plan Proxecta), outros a personaxes famosos, a bebés, a pallasos...
Mesmo houbo una “performance” súper divertida.
Ademais, non faltou o célebre concurso de tortas e doces cuxos gañadores/-as este ano foron:
1º Premio: Iris Ricón
2º premio: Matías Rodríguez
3º Premio: Uxía Pazos
E dous accésits a Antía Blanco e Iría Domínguez.
Noraboa a todos eles.
E, como fin de festa, o cheiro a chourizos asados anegaba o patio exterior. As colas da xente agardando o tan arelado “chouripán” eran enormes.
Unha ginkana na que participou alumnado e profesorado. Xogos deportivos. E Karaoke. Actividades que puxeron a pensar, a correr, a xogar e a cantar e bailar aos membros da comunidade educativa do Mendiño.
Preme en AS NOSAS FOTOS para ver algunhas fotos deste día.