Ligazóns importantes
Visita á Exposición-Obradoiro “Scriptorium. O mestre dos códices”
O noso alumnado de 3º de ESO foi pasando en sucesivas sesións polo Multiusos da Xunqueira para participar no obradoiro “Scriptorium”, ofertado aos centros educativos da contorna polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
A actividade resultou moi interesante porque, co gallo da exposición en Vigo do Pergameo Vindel, explicóuselles, de forma teatralizada, as técnicas de escritura e da iluminación de códices durante a Idade Media: como era ese labor levado a cabo nos mosteiros, a evolución dos soportes (dende o papiro ao pergameo) e a súa elaboración, así como os materiais utilizados para escribir e pintar, ou as técnicas para fabricar tintas e colores.
A parte máis atractiva resultou a práctica: alumnos e alumnas puxeron en práctica o aprendido elaborando os seus propios pergameos e pintándoos coas cores elixidas. Amais disto, o diploma entregado por teren participado nesta actividade, encheunos de ledicia.
Preme na foto para velas todas