Ligazóns importantes
Saída a Roma E florencia
Malia facelo a destempo, queremos deixar constancia na nosa páxina web das vivencias e lembranzas que o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Relixión tivo na súa estadía en Roma, a cidade eterna e en Florencia, a cidade meiga.
Acompañados das profesoras Almudena Suárez Cerviño e Catalina Míguez Vilas, disfrutaron dunha magnífica viaxe cultural: o Coliseo, os Foros Romanos, as principais basílicas, o Vaticano, as sinxelas igrexas románicas, as espectaculares igrexas barrocas, a Piazza del Duomo, Ponte Vecchio, a pinacoteca dos Uffizi... tantos e tantos lugares fermosos, espléndidos, máxicos... que sempre perdurarán no tempo, agochados na memoria e no corazón.
.