Ligazóns importantes
Teatro radiofónico con 3º ESO
Samuel Costas, Luís Díaz, Tamara Fernández, Gloria Perrino e Patricia Villar, acompañados pola súa profesora da materia de Obradoiro de Expresión Oral e Escrita Catalina estiveron en “Radio Redondela”, o 1 de xuño. Leron fragmentos de diferentes obras de distintos autores: A porta pechada de J. Paul Sartre, Así que pasen cinco anos de F. García Lorca que previamente traballaran na aula.
A actividade resultou marabillosa: o alumnado entendeu e disfrutou unha vez máis da literatura. Os nosos rapaces e rapazas emocionáronse interpretando estas pezas dialogadas e viviron unha nova sensación. Aínda que os nervios batuxaban dentro deles, a alegría e o entusiasmo foron quen de vencelos e a tarde resultou magnífica.
Podedes escoitalos nesta nosa páxina e tamén en Radio Redondela os venres, desde as 11:30 ata as 12:30 horas.
O noso agradecemento ás mozas de “Radio Redondela” polo seu bo facer e pola súa cariñosa atención e colaboración.