Ligazóns importantes
Charla "Publicidade creativa"
A profesora Beatriz Feijoo, que imparte docencia na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación en Pontevedra, captou a atención e o interese do alumnado de 3º de ESO, o 27 de maio, sobre esa publicidade coa que tanto nos bombardean na nosa vida diaria, que nos leva a consumir determinados produtos e que mesmo actúa modificando, sen nos decatarmos, a nosa conduta e os noso hábitos consumidores.
O noso agradecemento á profesora Beatriz Feijoo.