O IES Mendiño foi elixido este ano como centro base e de apoio para a realización das probas ABAU 2020.
A CIUG agrupou os centros educativos de Redondela (IES de Chapela, IES Pedro Floriani, Colexio Vigo e IES Mendiño) e os de Soutomaior (IES de Soutomaior e Santo Apóstolo) na comisión con sede no noso centro.
As probas tiveron lugar no Pavillón da Marisma, entre o martes 7 e o xoves 9 de xullo.
As probas desenvolvéronse con total normalidade. Desde o IES Mendiño queremos agradecer o trato dos respresentantes da CIUG e de toda a comisión presente nas probas, a colaboración de todos os centros educativos e, en especial, o gran traballo desenvolvido polo Concello de Redondela, cunha implicación e cunha disposición, tanto de medios coma de persoal, sen o cal non sería posible a celebración destas probas.
Agora esperemos que os resultados, que non coñeceremos até o 16 de xullo, sexan bos para todo alumnado dos nosos concellos.