Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Publicación da listaxe provisional de admitidas/os para o curso 2021-2022

A partir do venres 23 de abril de 2021, está publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas no IES Mendiño para o curso 2021-2022. Atópase no taboleiro anexo á administración do IES Mendiño.

Pódese presentar unha reclamación a esta listaxe nun prazo de 5 hábiles a partir do día seguinte á presentación, é dicir, até o 30 de abril de 2021. Tamén o poden consultar na aplicación de admisión de alumnado da Consellería de Educación.

Atte.

A dirección do IES Mendiño.

Lecturas recomendadas para a Semana Santa

AnimatedGIFsFantasybookoflife_thumb[2].gif (930×629) | Beautiful gif,  Animated images, Animated gif

Despois dun trimestre de duro traballo, chega o descanso. Ben o temos merecido. O Equipo da Biblioteca do IES Mendiño invítanos a mergullarnos no placer da lectura para desfrutar deste tempiño de lecer. Deixámosvos unhas suxestións por se vos poden valer de guieiro.

Boas vacacións!!!!!!

 

 

Lecturas recomendadas para Semana Santa

Concurso do logo da radio do IES Mendiño: RQR

Temos un concurso aberto no instituto!

Todo o alumnado do IES Mendiño pode participar no concurso de creación do logo da nosa radio escolar, RQR. Está aberto até o día 15 de abril o prazo de presentación de propostas. Cada alumna/o do noso centro pode enviar a súa proposta, tanto de xeito dixital, enviando un correo electrónico ao enderezo do centro, ies.mendino@edu.xunta.gal, ou entregando a súa proposta nun sobre pechado na conserxería do centro.

Participa, crea o logo da radio RQR, e poderás gañar un dos tres premios ás mellores propostas.

Achegamos as bases do concurso.

A dirección

Orientación académica para o alumnado de 4º ESO y 2º BACH

Aviso Importante GIFs - Get the best GIF on GIPHY

 

Deixámosvos información sobre orientación académica para o alumnado de 4º ESO e 2º BACH. Podedes descargar os arquivos nas seguintes ligazóns:

 

Orientación para o alumnado de 4º ESO

 

Orientación para o alumnado de 2º BACH

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021-2022

NORMATIVA:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a orde de 12 de marzo de 2013

 

Na páxina web da Consellaría tamén se pode atopar toda a normativa:

 

Enlace a web da xunta

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS/ASDo 1 de marzo ao 22 de marzo.

No seguinte arquivo poden consultar a documentación necesaria para a admisión:

 

Documentación necesaria

 

IMPRESOS DE ADMISIÓN:

Podes descargar o anexo II da seguinte ligazón e entregalo no centro: Impreso_Anexo II 

Tamén podes cargar os datos da solicitude en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

OFERTA DE PRAZAS VACANTES:

 

 

 

 

 

Entroido en Galicia

 

Dende dinamización lingüística deixámosvos información sobre o entroido en Galicia. Podedes descargar os seguintes arquivos que falan dos principais entroidos de Galicia e de outros que, ainda que son menos coñecidos, non son menos importantes.

 

Principais entroidos de Galicia

 

Outro entroidos de Galicia

REINCORPORACIÓN DO ALUMNADO QUE TIVO QUE FACER PCR (3º ESO - 2º BACH)

   Intervención con personas migrantes y refugiadas | Fundación ...Aviso Importante GIFs - Get the best GIF on GIPHY

 

 

 

A reincorporación ás aulas presenciais do alumnado de 3º da ESO a 2º de Bacharelato que tivo que facer as probas PCR polo cribado que se realizou no centro, farase do seguinte xeito:

1. A/o alumna/o ten que ter feito a proba PCR e ter un RESULTADO NEGATIVO.

2. A/o alumna/o non é contacto directo dun positivo por COVID (xa que nese caso ten que facer o período de corentena que marquen os rastrexadores).

Dadas estas dúas condicións, o alumnado con PCR negativa e que non foi confinado por estar en contacto directo cun positivo, deberá reincorporarse a partir do MÉRCORES 27 DE XANEIRO. Agradecemos a súa comprensión

 

José Antonio Martínez

Director do IES Mendiño

Comunicado sobre a volta do alumnado de 3º ESO a 2º BACH

Bienvenido/a a nuestra página Web

 

Debido ás chamadas recibidas no centro preguntando cando se reincorpora o alumnado de 3º ESO ata 2º BACH, comunicamos que en canto saibamos algo respecto diso, comunicarémolo a través de abalar e da páxina web. De momento aínda non temos esa información.

 

O equipo directivo.

Distribución de máscaras entre o alumnado

Publicouse hoxe a orde que regula o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado. O procedemento é similar a petición de libros e o prazo para presentar as instancias é ata o venres 27 de novembro. Deberán presentar a solicitude no centro entregando o anexo I e II de dita orde debidamente cumprimentados. IMPORTANTE: O alumnado que foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 20-21 non ten que presentar a solicitude.

 

 

Orde da convocatoria

Anexo I

Anexo II

 

Calendario de pendentes curso 20-21

Deixamos un enlace ao arquivo onde se poden consultar as datas de pendentes de todas as materias durante o curso 2020-2021. 

 

 

Calendario de pendentes 20-21

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut