Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 VERSIÓN 20/05/2022

O 20 de maio de 2022 a Consellería publicou unha nova versión do Protocolo COVID para os centros educativos. Aquí traemos as principais novidades que se achegan no documento:

Medidas recomendadas:

  • Realizarase unha axeitada hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións seguen a ter un alto valor protector.
  • Uso de máscara non obrigatorio: rexerase pola lexislación vixente e posteriores actualizacións e recomendacións se as houber. O protocolo indica que resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do  alumnado coma dos/as traballadores/as do centro
  • Transporte escolar: O uso da máscara segue a ser obrigatorio. Axustarase ao previsto na lexislación vixente sobre o uso en medios de transporte.
  • Na ESO e Bacharelato, os grupos/aulas poden interaccionar entre si en  interiores e en exteriores.
  • O tamaño máximo das clases será acorde aos rateos establecidos na normativa aplicable (desaparece as medidas de separación de 1,2 metros entre as mesas).
  • Permítense actividades extraescolares e complementarias.

Poden consultar o documento co novo Protocolo COVID na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2022_05_20_protocolo_co...

Axudas para adquirir material escolar. Curso 2022-2023

Publicouse a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

A cuantía da axuda para adquirir material escolar será de 50€ para as familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

Poden consultar toda a información na seguinte ligazón do DOG

Procedemento de reclamación de 2º de bacharelato

Achegamos os modelos necesarios para reclamar as cualificacións de 2º de bacharelato. Calquera deles hai que presentalos no centro para rexistro antes da data límite. As datas límites son as seguintes:

Convocatoria ordinaria

Reclamación ante a dirección: 20 de maio ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 25 de maio ata as 14:00

Convocatoria extraordinaria

Reclamación ante a dirección: 27 de xuño ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 1 de xullo ata as 14:00

Para poder ver os distintos trámites e prazos do proceso de reclamación, poden descagar o seguinte arquivo:

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria ordinaria

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria extraordinaria

 

A normativa que rixe o proceso é a seguinte:

 

Convocatoria da ABAU de 2022

Deixámosvos por aquí a convocatoria da ABAU de 2022. En dita convocatoria, podedes consultar, os plazos, a estructura das probas e todo o relacionado coa ABAU deste curso escolar.

 

Convocatoria completa ABAU 2022

Calendario e horarios de ABAU 2022

Para descargar  os horarios da convocatoria de xuño de 2022 podedes pinchar na seguinte ligazón:

 

Horarios ABAU xuño 2022

Plataforma de préstamo de contidos dixitais: E-LBE.2

Está a disposición de todas as persoas usuarias da biblioteca do IES Mendiño un novo recurso: E-LBE.2. Unha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais, que de xeito totalmente gratuíto pon á nosa disposición máis de 3 000 títulos.
Ademais de todos os libros e recursos cos que xa conta a nosa biblioteca, esta nova plataforma de contidos dixitais permitaranos acceder ao seu amplo catálogo a través do noso computador, móbil, tablet ou dispositivo dixital.
Aprovéitao! Sorprenderate todo o que podes atopas. Na ligazón que achegamos aparece toda a información dispoñible.

Instrucións

Concreción curricular do IES Mendiño: curso escolar 2023-2024

Poden acceder á concreción curricular do IES Mendiño para o curso escolar 23-24, premendo na seguinte ligazón:

Concreción Curricular 2023-2024

A dirección do IES Mendiño

Publicación da listaxe provisional de admitidas/os para o curso 2022-2023

Todo o alumnado que presentou en prazo a solicitude de admisión para o curso 22-23 foi admitido no centro.

 

Atentamente 

A dirección.

Apertura de prazo para a solicitude de bolsas de estudo para o Bacharelato

Publicouse a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.
Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude: será do 30 de marzo de 2022 até o 12 de maio de 2022, ás 24,00h, ambos inclusive.
Achegamos a ligazón ao extracto da convocatoria de bolsas de carácter xeneral para o curso académico 2022-2023,publicado o 12 de marzo de 2022: “Extracto de la Resolución de 10 de marzo de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”.

CHEGOU O ENTROIDO, XA NOS TARDABA!!!!!!!!!!!

Despois de dous anos sen poder celebralo por mor da pandemia, o venres 25 de febreiro retomamos a celebración do Entroido no patio do Mendiño, que se encheu de deportistas, persoal sanitario, personaxes de conto, animais, demos, animadoras, magas... e todo tipo de xente disposta a pasar unha xornada de troula practicando voleibol, pinfuvote, carreiras de sacos ou soga tira.

E claro, con tanta actividade física, precisabamos recuperar as forzas... e aí estaban as estrelas indiscutibles do Entroido: os chouripáns!!!!

Deixámosvos aquí unhas fotiños da nosa celebración! Pincha na imaxe para velas.

 

Pin en Egipto

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut