Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Emails do profesorado

Xa están actualizados os emails do profesorado na páxina web do centro. Pódenos atopar no menú de xefatura de estudos ou na ligazón que aparece na parte superior da páxina.

 

Emails do profesorado

 

Libros de texto para a ESO e Bacharelato. Curso 22-23

Achegamosa listaxe de libros para a ESO e Bacharelato para o curso 22-23. O poden descargar da seguinte ligazón:

Listaxe de libros para a ESO e Bacharelato para o curso 22-23

A revista e o caderno gastronómico do IES Mendiño

O equipo de dinamización lingüística do IES Mendiño achégannos un ano máis, un novo número da revista e do caderno gastronómico. Para poder velos, pincha na imaxe correspondente:

 

                                                         

Axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022-2023

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022-2023 (Orde do 29 de abril de 2022. DOG do 18 de maio de 2022).
Poden consultala no taboleiro de anuncios do centro. O prazo de reclamación é de dous días: mércores 13 de xullo e xoves 14 de xullo de 2022.

Atte.,

A dirección do IES Mendiño

Libros de texto para a ESO curso 22-23

Achegamosa listaxe de libros para a ESO para o curso 22-23. O poden descargar da seguinte ligazón:

Listaxe de libros para a ESO para o curso 22-23

Recomendacións lectoras para o verán

Xa están aquí, despois de moito traballo, por fin chegaron as merecidas vacacións de verán. É a época de descansar e disfrutar do bo tempo e tamén podemos disfrutar da lectura. O equipo de biblioteca achéganos unha serie de recomendacións para ler neste verán.

Libru Ciucciu GIF - Libru Ciucciu Storia - Descubre & Comparte GIFs

 

Recomendacións para ler durante o verán

 

 

Boas vacacións e a disfrutar da lectura.

O equipo de biblioteca do IES Mendiño

Matrícula para o curso 22-23

O período de matrícula para ESO e Bacharelato é desde o xoves 23 de xuño ao luns 11 de xullo.

Para axilizar o proceso de matrícula e evitar aglomeracións, pregamos cumpran as seguintes datas para a matrícula para o curso 2022-2023:

  • 1 ESO: 23 de xuño
  • 2 BACH: 27 e 28 de xuño
  • 1 BACH: 29 e 30 de xuño
  • 4 ESO: 1 e 4 de xullo
  • 3 ESO: 5 e 6 de xullo
  • 2 ESO: 7 e 8 de xullo

  Poden descargar os impresos de matrícula desde a seguinte ligazón:

Impresos de matrícula

En ditos impresos vai tamén a información coa documentación que hai que presentar

Calendario de fin de curso e matrícula para o curso 22-23 para o alumnado

Achegamos o calendario de fin de curso para o alumnado onde se reflexan os días no que se publican as notas así como os períodos de reclamacións das mesmas. Neste documento poderán atopar tamén cal será o período de matrícula para o vindeiro curso escolar.

 

Calendario de fin de curso e matrícula do curso 22-23

Período de reclamacións da avaliación ordinaria de 1º bacharelato

O período de reclamación da avaliación ordinaria de 1º de bacharelato é o luns 13 de xuño e o martes 14 de xuño en horario de 08:30 a 14:00

 

Achegamos os modelos para ditas reclamacións: modelo editable     -    modelo pdf

 

Probas extraordinarias de bacharelato

Se queredes consultar o horario das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato que terán lugar desde o luns 20 de xuño ao mércores 22 de xuño pinchade na seguinte ligazón:

 

Horarios das probas extraordinarias de 1º e 2º de bacharelato

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut