Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2012/2013

Manifesto contra a violencia de xénero

Abel Lorenzo e Miriam Campelos, alumnos de 2º de Bacharelato do noso Instituto, escribiron e leron este ano o manifesto conta a violencia de xénero, actividade proposta polo Concello de Redondela. Os nosos parabéns polo magnífico escrito realizado e tamén pola súa estupenda lectura diante da porta do Concello de Redondela o xoves, 22 de novembro, malia teren ao día seguinte un exame que sabemos superarán con éxito. Proximamente colocaremos unhas fotos deste acto. E agora podedes ler o Manifesto pulsando aquí.

No noso centro temos unha sinxela exposición sobre a violencia de xénero. Achegámosvos unha pequena mostra.

Celebración do Magosto

O día 9 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. O cartel anunciador correu a cargo do noso alumno de 2º ESO Nícolas Álvarez. Tivemos un concurso de saborosas tortas e doces realizados con froitos da tempada: castañas, noces, abelás... O noso alumnado é fantástico en todos os sentidos, mesmo no aspecto culinario; que boas estaban esas tortas!!!. Os nosos parabéns para todos os nosos rapaces e rapazas confiteiros. Os gañadores foron: Aída Álvarez de 2º ESO, Luis Antonio Cruz de 3º ESO e Yurena García de 4º ESO.

Na festa non faltaron as castañas e a música, o alumnado encheu o centro de castañas e Mª Xesús, Oscar e Victor interpretáronnos unhas fermosas pezas de gaita que fixeron as delicias de todo o mundo. Uns asaban castañas, outros comíanas, algúns xogaban no patio á pelota, á corda e outros no pavillón disputaban uns partidos de fútbol-sala. O ambiente era fantástico e a música inzaba o ambiente.

Rapaces e rapazas de 1º de ESO: Izaskun, Jackeline, María, Ricardo, Juan José, Martín, Manuel Ángel e Pablo, foron polas clases de 1º e 2º de ESO lendo relatos de medo. Fixérono de marabilla!!! Amais repartiuse entre toda a comunidade educativa uns contiños de medo que escribiron e ilustraron os nosos rapaces e rapazas. Temos aquí unha boa madeira de escritores; xa vos iremos informando.

E aínda que axiña vos colocaremos unha galería de imaxes, eis unha pequena mostra.

A morte en Galicia

Próximos a celebrarmos o mes de Santos e Difuntos, estivemos investigando sobre a morte en Galicia.

Froito desta investigación é unha exposición realizada por alumnos e alumnas de 2º ESO B que está situada na cafetería do instituto.

Achegámosvos unha pequena mostra fotográfica e convidámosvos a visitala. Estará exposta ata o día 9 de novembro, data na que (se o tempo nos permite) celebraremos o magosto.

   
   

Exposición meteorolóxica

Desde o día 25 de outubro de 2012, e grazas ao Servizo de Meteoroloxía de Galicia, contamos no noso centro cunha exposición sobre meteoroloxía que coidamos é de moito interese de cara ao alumnado e a todo o mundo en xeral.

Podemos coñecer o noso clima, saber máis cousas sobre o efecto invernadoiro; reflexionar a respecto do cambio climático, dos problemas de contaminación que nós mesmos producimos e das actuacións por parte dos diversos gobernos do mundo...

Un enlace de interese é Servicio de Meteoroloxía de Galicia

Estará no noso centro ata o 2 de novembro. Velaquí unhas fotos en primicia.

 

   
Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut