Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2012/2013

Could not find the wijering_mediaplayer file for embedding.

Charla informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela

O luns, 4 de febreiro tivemos a oportunidade de contarmos noso Instituto coa presenza do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Pablo Taboada Antelo e da nosa benquerida exalumna Tania Lago Míguez, sempre disposta a participar en todo aquilo para o  que é chamada. Os dous informaron ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato sobre os estudos e a vida nesa Universidade. A charla resultou moi amena e interesante. Os nosos parabéns e a nosa gratitude para este dous conferenciantes.

 

 

 

   

Charla "Estudos universitarios na Universidade de Vigo"

O día 24 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu a unha interesante charla informativa  sobre a Universidade de Vigo, os diferentes campus, os distintos graos que se poden cursar nas diferentes facultades, as actividades que se poden realizar e que serven para conseguir créditos, etc.; en definitiva, información a respecto do seu inminente futuro universitario, no caso de optaren pola Universidade de Vigo. O día 4 de febreiro, teremos connosco a xente da Universidade de Santiago para informar tamén sobre dos estudos na súa Universidade.


Día da Paz

Aínda que conmemoramos o día da Paz o 30 de xaneiro, pois é a data na que lembramos o aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi, non podemos deixar de dicir que todos os días deberían ser días de paz, nos que as palabras respecto e  tolerancia reinasen en todos os ámbitos da nosa vida, pois se así fose, seguramente non asistiríamos a tantas inxustizas como as que estamos a vivir desgraciadamente hoxe en día.

 Ao longo deste mes, tivemos na cafetería do noso centro unha interesante exposición sobre Paz , exposición que foi completada cunha conferencia impartida por D. Manuel Dios, Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, ONG galega e universal creada no ano 1985, que vén traballando arreo coa edición de materiais didácticos, coa organización de  Cursos de Formación, coa promoción campañas de sensibilización e coa colaboración totalmente  desinteresada no desenvolvemento e promoción de efemérides ecopacifistas, estando sempre a disposición de todos os que o precisamos.

 Gozamos, tamén, dun fermosísimo concerto a cargo dalgúns dos nosos alumnos do centro aos que queremos darlles os nosos parabéns pola súa fantástica actuación.  E, ademais, os Departamentos de Relixión e Educación Plástica nos agasallaron cunha “chapa da paz” cun deseño de María Darriba Castro, alumna de 4º de ESO.

 
   
   

sentímolo, flash non está dispoñible.

Visita a Faro de Vigo

O día 24 de xaneiro o alumnado de 4ºESO visitou as instalacións do xornal Faro de Vigo en Chapela. O alumnado que vén traballando coa prensa nas aulas tivo a oportunidade de coñecer todo o proceso de elaboración dun xornal. O noso agradecemento ao periódico e os nosos parabéns para a guía que nos explicou estupendamente todo o proceso.

Probablemente o día 5 de febreiro saia a foto de todo o grupo dentro das instalacións. Pero mentres velaquí unha foto como lembranza.

Charla sobre enerxías renovables

O día 18 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato e 2º de bacharelato (CMC) asistiron a unha charla impartida polo profesor da Facultade de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, Santiago Pozo e un alumno seu, Javier, a respecto das enerxías renovables. Aproveitou tamén para achegar información verbo dos estudios universitarios do grado de Minas.

 
 

Conferencia: O cambio climático

O día 14 de xaneiro tivemos connosco a  José Antonio Rodríguez Añon, profesor da FAcultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do Máster de Enerxías Renovables da mesma institución. Desde o ano 1989 vén investigando no eido das enerxías renovables e participou no grupo que deseñou o Plan de Residuos Sólidos de Galicia. E ademais é coordinador da Rede de Investigación en biomasa e agroenerxía.

Estivo con nós para falarnos do cambio climático nunha conferencia que resultou gratamente interesante e que conseguiu concienciar ao alumnado na importancia do respecto ao medio ambiente.

Os nosos parabéns á Universidade de Santiago por levar a diante esta iniciativa de achegar charlas temáticas de diferente tipo ao alumnado dos IES e o noso agradecemento ao profesor  José Antonio Rodríguez.

   
   

Colaboración co Banco de Alimentos (Operación Kilo)

Conscientes das dificultades que certas familias están a pasar nestes momentos de crise, a comunidade educativa do IES Mendiño quere implicarse e ser solidaria con este grave problema, Daquela, colaborou entregando diversos productos alimenticios que foron recollidos por un representante do Banco de Alimentos (Operación Kilo).

 
 

Xornada de animación á lectura

O día 18 de decembro o alumnado de 1º e 2º ESO asistiu a unha xornada de animación á lectura organizada polo departamento de Lingua e Literatura Castelá en colaboración coa editorial Edebé. O alumnado non so foi espectador senon que tamén foi protagonista, participando activamente nesta interesante actividade que tanto gustou aos nosos rapaces e rapazas. E velaquí unas fotos que nolo amosan.

   
   

Celso Emilio na radio

O día 11 de decembro un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO en representación da comunidade educativa do noso centro acudiu á Radio Redondela a ler uns fermosos poemas de Celso Emilio Ferreiro na fin deste ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.

Izastkun, Manuel Ángel, Juan José (1º ESO); Silvia, Claudia, Yeray, Raúl e Uxía (2º ESO) puxeron todo o seu sentimento ao recitaren poemas de temática social e tamén de temática intimista. A nosa noraboa para todos eles porque o fixeron estupendamente. Se queredes escoitalos, visitade a páxina web de Radio Redondela.

        

Exposición dos Dereitos Humanos

Hoxe, 10 de decembro, celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Coidamos que todos os días do mundo se deberían respectar, pero neste día queremos chamar a atención de toda a comunidade escolar verbo da súa importancia.

Desde o departamento de relixión, a profesora Almudena leva traballando este importantísimo tema co seu alumnado e resultado deste labor é esta exposición que agora presentamos e que vos convidamos a visitar no noso centro.

Velaquí un pequeno adianto fotográfico, que logo podedes ver con máis detalle na sección AS NOSAS FOTOS.

           
Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut