Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Concurso de deseño de camisetas

Dentro do Plan de Igualdade e como xeito de fomentar a creatividade do alumnado, promovemos a realización dun concurso do deseño dun logo-imaxe para ser impreso en camisetas, coa idea xeral de "Educando en igualdade".
Achegámosvos a ligazón coa bases do concurso.
Animadevos a participar!!!
O prazo de participación remata a mediados do mes de marzo.
Ligazón aos documentos:
Bases do concurso: https://drive.google.com/file/d/1e-ROmgMu5hVdMC5JRx8kRXrtswFP_aid/view?usp=sharing

IMPORTANTE: CAMBIO DE DÍA CLUBE DE LECTURA

IMPORTANTE: VÉMONOS OBRIGADOS A CAMBIAR A REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA DO MÉRCORES AO XOVES 13 DE FEBREIRO NO RECREO. DESCULPADE AS MOLESTIAS.

Próxima reunión do clube de lectura

Libro do club de lectura do mes de febreiro

Este mes de febreiro de 2020, o club de lectura vai xirar arredor da obra Seique, de Susana Sánchez Arins. Esperamos contar coa visita da autora. Comunicaremos a data concreta da sesión.

Ciencia en galego

O pasado día 20 de decembro, xustamente na última xornada léctiva do primeiro trimestre, o noso instituto adicóu boa parte do tempo a celebrar un día adicado á reclamación da Ciencia en Galego e a reivindicación da expresión musical.

Comezou a celebración cunhas palabras do noso director D. José Antonio Martínez Domínguez nas que reclamou precisamente un mellor trato ao noso idioma por canto hoxe a normativa vixente impide o uso normal do galego para impartir as aulas de materias como as matemáticas.

Precisamente o pasado día 17 de decembro, o Consello de Europa advertía de que España incumpre os seus compromisos europeos para preservar a riqueza lingüística. Precisamente o comité de ministros do Consello de Europa, no seu informe, emprazou ao goberno español a reforzar o uso das linguas cooficiais na administración central e a garantir  o seu uso por exempro na administración de xustiza.

Ademais a institución, con sé en Estrasburgo  insta en dito informe aos responsabeis autonómicos a eliminar os límites impostos nas aulas ao noso idioma propio, o galego, concluíndo o escrito que a presenza do idioma galego no sistema educativo de Galiza é insuficiente, incumplíndose os compromisos derivados da Carta Europea da Linguas Minoritarias, asinada por España, que exixe unha liña educativa integramente en galego.

Deseguido o acto continuou coa interpretación de varias pezas musicais por parte de grupos do alumnado. En primeiro lugar, un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacherelato, interpretaron  Doeba, un canon en swing da autoría de Rieks Veenker, que podedes ver e escoitar a continuación:

 

 

A continuación, o grupo de alumnado de 1º de Bacharelato interpretou  a peza “When I was your man” de Bruno Mars:

 

 

Para continuar, o grupo de 4º de ESO, interpretou a cantiga popular xaponesa “Akai hana, shiroi hana” na versión de Mei Nakayabashi:

 

 

 

E logo comezou a festa da Ciencia. O alumnado percorreu libremente o centro no que estaban instalados 30 experimentos científicos. Cada un dos experimentos estaba presentado e era explicado por alumnos e alumnas dos cursos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, que durante ese tempo, tomando o rol de autenticos profesores e profesoras, explicaron, instruíron e divertiron aos seus compañeiro e compañeiras .

Velai no seguinte video, unha breve reportaxe:

 

 

Falamos de música

No mes de outubro, o alumnado de 1º Bacharelato de Música, tivo a oportunidade de asistir a un concerto clásico organizado pola Fundación ABANCA de Vigo. As entradas foron de balde porque baixo o título “Quedamos no palco, quedamos coa clásica” esta institución pretende achegar o ambiente clásico aos escolares.

 A idea inicial era facer unha crítica musical escrita, a modo de reflexión, desta audición, pero grazas á iniciativa do Departamento de Normalización Lingüística, a través de Xabier Toba, e ao entusiasmo do alumnado surxiu o proxecto deste vídeo. Con el pretendemos contaxiar os bos momentos que pasamos ese día e animar a máis persoas a que acudan a este tipo de eventos.

 

 

Próxima reunión do clube de lectura

A próxima reunión do clube de lectura, terá lugar o martes 19 de novembro ás 11:00 na biblioteca. Animamos a toda a comunidade educativa a participar.

Charla sobre menores e apostas

O vindeiro mércores 13 de novembro as 19:00 horas, terá lugar no Multiusos da Xunqueira unha charla interactiva coas familias sobre os menores e as apostas. Poden descargar a información no seguinte link:

 

Charla sobre menores e apostas

 

 

Atte o equipo directivo

Clube de lectura

 A vindeira semana arranca o clube de lectura Kiosko Cocó. A primeira reunión terá lugar o vindeiro martes 22 de outubro ás 11:00 na biblioteca e pode participar toda a comunidade educativa.

Animádevos a participar

Exencións de galego e música.

Informámosvos dos prazos para poder solicitar as exencións de Lingua Galega e de Música na ESO e no Bacharelato.

EXENCIÓNS DE MÚSICA:

O prazo remata o 30 de setembro, tanto para a ESO coma para o Bacharelato.

EXENCIÓNS DE LINGUA GALEGA:

ESO: o prazo remata o 5 de outubro.

BACHARELATO: o prazo remata o 20 de outubro.

 

PROCEDEMENTO:

Teñen que pasar por administración para recoller o impreso de solicitude de exención. No caso de Música, deben traer o certificado de notas do Conservatorio do Grao Profesional no que estea matriculado.

 

Atte.,

O equipo directivo

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut