Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Lecturas recomendadas para o verán

Foi un ano longo e duro. Un curso escolar que non olvidaremos en moito tempo. Agora terás tempo para gozar do sol, o aire libre, a praia, os bos intres en familia, e, por suposto, dos mellores libros para o verán.

Aquí tes as recomendacións dende a Biblioteca do IES Mendiño.

Podes descargar o arquivo na seguinte ligazón: lecturas recomendadas para o verán

 

Calendario de fin de curso 19-20 para o alumnado da ESO e de 1º Bach

Podedes descargar da seguinte ligazón,  o calendario de fin de curso para o alumnado onde aparecen as datas máis salientables (notas, período de reclamacións, devolucións de libros e matrícula)

Calendario de fin de curso 19-20 (alumnado)

Devolución de libros e matrícula do curso 20-21

Na seguinte ligazón podedes acceder a toda a información relativa a devolución dos libros do fondo de libros e a matrícula do curso 20-21. 

 

HORARIO DE MATRÍCULA E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 

 

IMPORTANTE: DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLO ALUMNADO DO IES MENDIÑO

  • Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada.
  • 2 fotos de carné, co nome e apelidos escrito no reverso.
  • Fotocopiado DNI ou NIE.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (só para alumnado de 1º e 2º ESO).
  • Xustificante do pagamento de 1,12 euros para o Seguro Escolar (para alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato).

               ATENCIÓN: Teñen que facer o ingreso na seguinte conta de Abanca:

               IBAN: ES8620805059393040003604.Poñendo en Concepto o nome completo da/o alumna/o.

  • Solicitude  de  autorización  do  uso  de  transporte  escolar  (para  alumnado  deBacharelato).

 

 

IMPORTANTE: DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLO ALUMNADO PROCEDENTE DE OUTROS CENTROS

  • Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada.
  • 2 fotos de carné, co nome e apelidos escrito no reverso.
  • Fotocopiado DNI ou NIE.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (só para alumnado de 1º e 2º ESO).
  • Xustificante do pagamento de 1,12 euros para o Seguro Escolar (para alumnado de 3º ESO, 4º ESO e Bacharelato).

                 ATENCIÓN: Teñen que facer o ingreso na seguinte conta de Abanca:

               IBAN: ES8620805059393040003604. Poñendo en Concepto o nome completo da/o alumna/o

  • Solicitude  de  autorización  do  uso  de  transporte  escolar  (para  alumnado de Bacharelato).
  • Fotocopia do Libro de Familia.

Documentos da reunión co alumnado do IES Illa de San Simón

Deixámosvos aquí a ligazón para acceder aos documentos tratados en dita reunión.

 

REUNIÓN ILLA DE SAN SIMÓN

Traballos do alumnado durante o terceiro trimestre.

Intervención con personas migrantes y refugiadas | Fundación ...

  • Dende o Departamento de Tecnoloxía, achegamos os proxectos tecnolóxicos que realizou o alumnado de 2º ESO A de forma voluntaria durante o Estado de Alarma polo covid-19. ¡¡FELICIDADES!!

 

  • Este trimestre o alumnado  de 3º e 4 º ESO estiveron a facer un traballo sobre un heroe ou heroína durante o confinamento. Moitos fixéronos dos pais, ou dos avós, están en diferentes formatos, power point, pdf, e mp4. Deixámosvos uns exemplos entreñables:

              Traballos sobre os heroes ou heroinas do alumnado de 3º e 4 ESO

 

 

 

 

Fondo solidario de libros 2020-2021

Xa está aberto o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de libros de texto e as axudas para material para o vindeiro curso 2020/21(Orde de 12 de maio, DOG 19 de maio).

Presentación de solicitudes:

- Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Farase 1 única solicitude por familia.

2. Podénse presentar presencialmente no centro as solicitudes. Para evitarmos desprazamentos innecesarios e acumulación de persoas no centro, pregamos:

- Traian cubertos os impresos ao centro. Poden descargar os impresos na seguinte ligazón: Anexos I e II. No caso de non poder imprimilos, poden recoller o impreso no propio centro.

- Traian a seguinte DOCUMENTACIÓN (orixinal e copia):

. Fotocopia do libro de familia (con todos os membros da unidade familiar).

. Sentenza xudicial de separación, divorcio ou convenio regulador (de ser o caso).

. Certificado de grao de discapacidade (de ser o caso). 

 

 http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Demandas da comunidade educativa

O claustro do IES Mendiño, reunido o xoves 21 de maio de 2020, así como o consello escolar reunido o luns 25 de maio de 2020, aprobaron por unanimidade a presentación dun documento, que van remitir á Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, onde expón unha serie de demandas que considera imprescindiebles para garantir á volta as aulas, primanda a saúde de todos os membros da comunidade educativa, así como planificando e aportando solucións para que se poida desenolver cun mínimo de garantías o ensino telemático, tanto no que resta de curso, mais especialmente atendendo ao curso 2020-2021.

 

Convocatoria da ABAU de 2021

Deixámosvos por aquí a convocatoria da ABAU de 2021. En dita convocatoria, podedes consultar, os plazos, a estructura das probas, as datas e horas dos exames e todo o relacionado coa ABAU deste curso escolar.

 

Convocatoria completa ABAU 2021

 

 

Información sobre as notas da 2ª avaliación

Para poder descargar o comunicado sobre a 2ª avaliación poden pinchar na seginte ligazón:

 

Comunicado sobre a 2ª avaliación

 

Saúdos e moito ánimo

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut