Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2017/2018

Saída do alumnado de bacharelato a Santiago

O xoves, 8 de febreiro, o alumnado de Bacharelato, un ano máis, visitou pola mañá diferentes Facultades da Universidade Compostelá. E, pola tarde, algúns fixeron un pequeno percorrido polo casco histórico da cidade e outros aproveitaron para visitaren unha residencia universitaria.

 Velaquí vos deixamos algunhas fotos deste día.

 

Encontro con Manuel Esteban

O 18 de decembro tivemos a sorte de que o escritor Manuel Esteban, autor da novela A ira dos mansos (libro que o noso alumnado de 1º de bacharelato leu neste primeiro trimestre e sobre o que realizou diferentes traballos creativos) estivese no noso centro. O encontro resultou interesante e emotivo, pois ademais de ler unha historia "policiaca" os nosos rapaces e rapazas achegáronse a outra realidade que moitas veces ignora, non entende ou non repara nela, o das persoas con Sindrome de Down. Este libro fala, daquela, sobre a dignidade e o respecto que todo ser humano merece.

O noso agradecemento ao autor por compartir o seu tempo libre connosco e os nosos parabéns por esta estupenda novela.

Estamos desexando que o seguinte libro no que Manuel Esteban está a traballar saía axiña á venda.

 

 

Visita á Exposición-Obradoiro “Scriptorium. O mestre dos códices”

O noso alumnado de 3º de ESO foi pasando en sucesivas sesións polo Multiusos da Xunqueira para participar no obradoiro “Scriptorium”, ofertado aos centros educativos da contorna polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

A actividade resultou moi interesante porque, co gallo da exposición en Vigo do Pergameo Vindel, explicóuselles, de forma teatralizada,  as técnicas de escritura e da iluminación de códices durante a Idade Media: como era ese labor levado a cabo nos mosteiros, a evolución dos soportes (dende o papiro ao pergameo) e a súa elaboración, así como os materiais utilizados para escribir e pintar, ou as técnicas para fabricar tintas e colores.

A parte máis atractiva resultou a práctica: alumnos e alumnas puxeron en práctica o aprendido elaborando os seus propios pergameos e pintándoos coas cores elixidas. Amais disto, o diploma entregado por teren participado nesta actividade, encheunos de ledicia.

Preme na foto para velas todas

 

 

Charla de Roberto Samartíne e Carlos Pazos-Justo

O venres, 1 de decembro, tivemos o enorme pracer de contar coa presenza destes expertos en Lingua Galega e Lingua Portuguesa que, ademáis, foron alumnos do IES Mendiño.

Roberto Samartín é Doutor  en Filoloxía Galega  e profesor da Facultade de Filoloxía Universidade de Coruña. Pola súa parte, Carlos Pazos, é tamén Licenciado en Filoloxía Galega e Doutor pola Universidade do Minho, na cal traballa na actualidade como profesor do Departamento de Estudos  Románicos.

Ambos os dous son membros do grupo Galabra, que se adica ao estudo de asuntos ligados ao funcionamento da literatura e da cultura, con especial atención ao caso das comunidades de lingua portuguesa, dende  unha perspectiva de análise social e de análise da cultura.

Despois de recordar brevemente os seus anos no noso centro, faláronnos dos libros que veñen de publicar e a través dos cales tentan analizar a relación lingüística, cultural  e social entre Galicia e Portugal.

Roberto Samartín comentou o contido da súa obra, que trata da construción do sistema cultural galego contemporáneo e as relacións literarias e culturais de Galicia co mundo lusófono dende o período da transición.

De seguido, Carlos Pazos sintetizou de xeito moi ameno o contido do seu libro A imagem da Galiza em Portugal, facendo un percorrido polas relación entre galegos e portugueses dende fins do XIX, centrándose na imaxe que en Portugal se tiña dos galegos, a partir daqueles  que vivían emigrados no país veciño.

Foi pena que o tempo non dese a máis, porque todos quedamos con ansias de saber máis cousas sobre dun tema tan interesante e para moitos sorprendente, por aquello de que se nos romperon certos estereotipos e prexuízos que moitas veces levamos interiorizados sen case decatármonos. Tentaremos volver contar con eles en canto poidan.  

   
   

 

 

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

Un ano máis conmemoramos esta data para amosar o noso rexeitamento á violencia de xénero. O alumnado de Debuxo Artístico e o de Relixión encheron o vestíbulo e as escaleiras do centro con debuxos alusivos ao tema e esquelas de cada unha das vítimas desa violencia durante este ano.

Amais disto, alumnado de 2º de Bacharelato participou no acto oficial convocado polo Concello de Redondela, lendo manifestos e textos en contra destes actos violentos exercidos sobre as mulleres. Posteriormente algún dos alumnos e alumnas participantes, así como algunhas das súas profesoras, foron entrevistados para a televisión de Redondela. Se queredes escoitalos, non tedes máis que entrar na súa páxina web.

Prme na imaxe para velas todas

Charla de Manuel Núñez Singala

O pasado 27 de novembro contamos no centro coa presenza do escritor e experto en sociolingüística, Manuel Núñez Singala, que xa nos visitara nalgún curso anterior

O Xefe do Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela faloulle ao alumnado de 2º de Bacharelato sobre da situación actual do galego, e, por ende, sobre das vantaxes do plurilingüismo. Entre a proxección de imaxes e videos, e a narración de historias e anécdotas moi curiosas, o autor de obras como En galego, por que non?  fíxonos ver toda unha serie de tópicos, prexuízos e estereotipos que levamos interiorizados a respecto da nosa lingua e que están repercutindo directamente sobre o seu uso ou, mellor dito, o seu desuso.

A charla resultou moi interesante e instrutiva, pero, por cuestión de tempo, soubo a pouco. Esperamos volver contar coa súa presenza en futuras ocasións.

 

 

 

Magosto no Mendiño

O verán de San Martiño chegou ao Mendiño e trouxo:

     - Castañas asadas:

Unha vez máis, Euxenio, Pepe e Mila, axudados dalgúns rapaces e rapazas, asaron e repartiron castañas. 

 

     - Concurso de tortas

Este ano houbo moitísima participación. Noces, améndoas, cabazas, abelás... adornaron as tortas que participaron no concurso e fixeron as delicias de todos nós.

 

      - Actuación musical

Que sorte tivemos de termos con nós tres músicos do grupo “Sindicato da Noite” que nos amenizaron a fermosa mañá coa súa marabillosa música. Vaia dende aquí o noso agradecemento para José Manuel Díaz, Felipe Villar e Max Gómez

 

     -  Actividades deportivas: Fútbol e Brilé.

Como sempre houbo o torneo de fútbol sala e este ano houbo tamén torneo de Brilé. Os gañadores e gañadoras recibiron as tradicionais medallas.

 

 

 

O Álbum de fotos

 

.

O Mendiño berra "NUNCA MÁIS"

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut