Neste período de confinamento acercámonos á Historia desde as ferramentas dixitais e sen esquenos das analóxicas... tampouco das persoas protagonistas da Historia! En 3 ESO traballamos o período da Idade Moderna e as descubertas xeográficas de Castela e Portugal, así como as culturas precolombianas, e rematamos facendo as redes sociais de Colón, Vasco de Gama e Atahualpa. En 4 ESO acercámonos á Primeira Guerra Mundial máis aló das batallas e datas, a través dos homes e mulleres que a sufriron, desde a retagarda e desde a fronte de batalla, empregando as súas palabras escritas e imaxinamos ser un e unha delas escribindo unha carta en 1914.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Descubertas xeográficas de Castela e Portugal. 3ºESO | 412.27 KB |
Tweets de Atahualpa | 3.53 MB |
Vasco da Gama | 2.24 MB |
Instagram de Cristobal Colón | 2.56 MB |
A viaxe de Colón polo Facebook | 2.23 MB |
Cartas nunha guerra. 4ºESO | 2.76 MB |