FacebookSíguenos en YouTube

FAI QUE CHE RENTE! 

O pasado xoves visitamos co alumnado do 2º CM do SMR as dependencias do Banco de España na Coruña nas que se nos impartiu o taller Fai que che rente. Esta actividade encádrase no programa de Aulas de Emprendemento e no de Finanzas para todos do BdE.

No taller, Iria e Quique, achegáronnos aspectos da cultura financeira que todos deberiamos coñecer. Debullaron o noso comportamento como consumidores/compradores, os medios de pago que empregamos (efectivo, e tarxetas de prepago, débito, crédito, revolving..), as nosas expectativas de aforro-consumo nos escenarios presentes e futuros, para rematar cun sofisticado encontro coa fraude bancaria e as súas características.