FacebookSíguenos en YouTube

Obradoiro de igualdade Sexamos conscientes

O alumnado de 1º e 2º de ESO participou no obradoiro de igualdade Sexamos conscientes,  promovido polo Concello de Zas.

Neste obradoiro analizaron, por grupos, unhas historias reais sobre homofobia, discriminación da muller no deporte, transfobia, etc.  A continuación, cada grupo escenificou esas historias para posibilitar unha reflexión e análise grupal en torno a estas situacións.

Son todos eles uns temas de moita actualidade e nos que é fundamental concienciar a toda a sociedade.