FacebookSíguenos en YouTube

TEATRO EN LUGO E VISITA A SANTA EULALIA DE BÓVEDA

O alumnado de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, que cursa as materias de Latín e Grego asistiu en Lugo acompañado polas profesoras Carmen Gómez e Pilar Varela, á representación da obra teatral clásica Medea.

Aproveitaron para visitar Santa Eulalia de Bóveda, un santuario do século III, considerado como un dos máis interesantes de toda a Península Ibérica, debido á súa peculiar estrutura, e á calidade das súas decoracións pictóricas e escultóricas.

Tamén tiveron tempo para percorrer o casco histórico de Lugo e a súa fermosa muralla.