UNIfeira 2021. Feira Virtual de Universidades Españolas
Os días 22, 23 e 24 de febreiro, terá lugar a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual de Universidades Españolas promovida pola CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades), que permite o encontro de futuros estudantes cos Graos que se van impartir no vindeiro curso 2021-2022.
Funciona como unha feira universitaria presencial, pero de maneira virtual. Así, 55 universidades contan con postos de información virtuais que se poden visitar e onde podedes informarvos sobre a oferta de estudos, notas de corte, precios, opcións de aloxamento e máis.
A navegación por UNIferia é libre. No seu horario de atención, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h, persoal das universidades solucionará calquera tipo de consulta ou aclaración que se precise.
Para asistir tedes que rexistrarvos e acceder nesta ligazón.