TI© EMPRENDES ofrece formación online
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 28/01/2021 - 15:13
O proxecto TI© EMPRENDES, do que informamos no blogue o pasado mes de outubro, ven de anunciar unha novidade importante: ofrece formación gratuíta en aula virtual, en resposta á adaptación ao contexto Covid-19.
As accións formativas teñen unha duración de 125 horas en AULA VIRTUAL (5 semanas de duración) e darán comezo en febreiro. Coa modalidade online poderás inscribirte no curso desexado, entre os seguintes que se ofertan:
- Aplicacións móbiles
- Tendas online
- Marketing dixital
- Contidos dixitais, imaxe, vídeo e videoxogos
- Organización e xestión de almacéns
- Venda de produtos e servizos turísticos
Recordamos os REQUISITOS que deben cumprir ás persoas interesadas en participar:
- mozos e mozas desempregados/as que teñan entre 16 e 30 anos
- que non estean integrados agora mesmo en ningún sistema de educación ou formación
- inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- empadroados nalgúns dos seguintes concellos rurais: Vila de Cruces, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Forcarei, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.
Para realizar a preinscrición ou obter máis información, consulta o cartel adxunto, no que atoparás tódolos datos e teléfonos de contacto.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTEL AULA VIRTUAL TIC EMPRENDES.pdf | 661.64 KB |