Saltar navegación.
Inicio

Admisión en centros públicos para o curso 2021-2022

Iniciado o procedemento de admisión de alumnado en centros de adscrición sostidos con fondos públicos para o curso 2021-2022 nas etapas da Educación Infantil, ESO e Bacharelato.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos. 

Listaxes de admitidos/as: serán publicadas antes do 28 de febreiro, podendo consultarse nos centros ou na aplicación admisionalumnado.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN: 

  • Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
  • Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. 
  • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  • Presentación da solicitude de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito): 1-20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro

Máis información na ligazón