Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnado de ESO e BACH no ano 2020
A Consellería de Educación publicou a Orde do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ó alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria, ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a no curso 2019/20 nun centro da Rede de centros plurilingües.
e) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
f) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
CONCEPTOS QUE INCLÚE O CUSTO TOTAL DE CADA ACTIVIDADE:
a) No caso das actividades que se van realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
c) Os gastos de docencia e o material escolar.
d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
f) O certificado de realización da actividade.
g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
h) As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV.
DATAS DAS ACTIVIDADES
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO DE SOLICITUDE
As solicitudes poderán presentarse ata o 26 de marzo de 2020. A presentación serápreferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle
MÁIS INFORMACIÓN: consultar a convocatoria na Orde adxunta
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde 10 feb 2020 axudas actividades formación linguas estranxeiras 2020.pdf | 1.1 MB |
Extracto da orde.pdf | 474.59 KB |