Saltar navegación.
Inicio

Quinto volume de Marco Numérico

No departamento de matemáticas do IES Marco do Camballón estamos de celebración. Logo dalgunhas dificultades e incertidumes, vimos de rematar o quinto volume da nosa publicación Marco Numérico.

Este número está dividido en dous bloques temáticos principais. Varios traballos céntranse no estudo dalgunhas conxecturas numéricas célebres: Hardy-Littlewood, Collatz, Brocard e Legendre. Os artigos trataron de conseguir unha verificación computacional das mesmas (a través de código R) e a obtención de certos patróns asociados ou inferencias posíbeis sobre a estrutura matemática subxacente.

O segundo bloque xira entorno ao Teorema Central do Límite. Do mesmo xeito que no anterior, o alumnado implementou paquetes de código para analizar as converxencias de variábeis aleatorias continuas e discretas. Unha das aplicacións máis interesantes  tivo que ver coa natureza probabilística da desintegración nuclear radiactiva, para a que contamos co asesoramento de Pablo Cabanelas Eiras, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Tivemos a sorte de que Pablo escribira o limiar que presenta o número.

Podedes descargar o número premendo no arquivo.

Agardamos que veñan moitos números máis nos cursos seguintes!

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
MARCO NUMÉRICO vol. V - com capa para web.pdf5.09 MB