Unha sociedade democrática, plural e diversa en intereses e persoas demanda un pensamento racional que axude a comprender o mundo complexo que nos rodea. A materia da Filosofía é a ferramenta adecuada que debe servir a ese fin. A formación filosófica é útil por moitas razóns: En primeiro lugar, a través da Filosofía o alumnado se exercita no exercicio do pensamento crítico e independente capaz de comprender mellor o mundo globalizado e comprenderse a si mesmo. En segundo lugar, adquire unha aptitude de entretecer unha defensa racional e razoable da súa autonomía, da súa dignidade e dos seus dereitos nun contexto en vías de globalización. Tamén contribúe a eliminar prexuízos, detectar sofismas e falacias, axuda a desmontar argumentos baseados nos valores de dominación e estimula a empatía e o interese polas demais persoas. Finalmente, a filosofía como materia potencia o desenvolvemento das competencias sociais e cívicas, por estar estreitamente vinculadas coa finalidade última de todo o seu proxecto. Pero esa consecución precisa acudir á competencia en comunicación lingüística, que lle permite ao alumnado tanto a exposición dun pensamento rigoroso e claro como o diálogo frutífero coas demais persoas. A competencia de aprender a aprender maniféstase na obriga intrínseca do facer filosófico de xerar marcos de sentido cada vez máis complexos, globais e enriquecedores e a competencia dixital capacita aos alumnas e alumnos para o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación. Todas estas esixencias están aglutinadas en varios bloques temáticos: A especificidade do saber filosófico, O coñecemento humano, A pregunta pola realidade, A condición humana e A racionalidade práctica.

Close-up statue of the Greek philosopher Socrates on the background of classical columns