Adxudicación definitiva - Fondo Solidario de Libros

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

O reparto de libros se realizará a finais da próxima semana. A información detallada de cómo se realizará será publicada nesta web o venres, 17 de setembro, xunto con toda a información relativa ao inicio do curso.