Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros publicarase o vindeiro luns, 13 de xullo, única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.