Teatro

O martes, 7 de febreiro, alumn@s de / 4º ESO e / 2º de bacharelato da materia de lingua Francesa asistirán á representación da obra de teatro " CYRANO DE BERGERAC" no Colexio La Salle (Santiago). A actividade organizada polo Departamento de Francés desenvolverase entre as 8:45 e as 14..25 horas. Aproveitarase para coñecer o CGAC ( Centro Galego de Arte Cotemporánea) onde asistirán a unha visita guiada de  unha hora e se o tempo o permite percorrerán o parque de Bonaval.