Skip to Content

Visita Iniciativas Emprendedoras

Seguindo co seu compromiso de achegar ó alumnado a realidade do mundo laboral e a súa formación integral non ámbito profesional,  fomentando o contacto con iniciativas empresariais, o IES Macías o Namorado organizou o luns 25 de abril unha saída de estudos formativa a dous proxectos exemplarizantes no ámbito do emprendemento. Participaron nesta actividade alumnas e alumnos de FPB, CM e CS da rama de Administrativo.

Enoturismo María Manuela (Boqueixón), un complexo de 6 cabanas nun bosque autóctono e unha plantación de uva albariño, coa recente construción dunha adega. Aunando a paixón polo viño, o turismo e o bo facer dous seus promotores, fan desta iniciativa un referente de calidade, onde disfrutar da natureza. Premio autonómico ás Iniciativas de Desenvolvemento Rural na categoría de turismo e certificada coa distinción SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), promovido pola Secretaría de Estado de Turismo. 

A Estación – Centro de Emprendemento (Vedra), iniciativa promovida polo concello de Vedra, e que ten como obxectivo, ser un axente de referencia que estimule a economía local e a creación de emprego, a través da creación de  coworking, asesoramento e acompañamento a futuros emprendedores. A singularidade principal  desta iniciativa é o aproveitamento e rehabilitación dun vagón de tren, como coworking, feito que lle levou a ser finalista na oitava convocatoria dos Premios de Boas Prácticas polo Clima promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias. 

 

Os obxectivos plantexados polo departamento de Administrativo do IES Macías o Namorado, no marco desta saída de estudos, foron: 

  • Coñecer experiencias e boas prácticas empresariais, onde a calidade e a innovación   estean presentes.
  • Familiarizarse con todas as fases do proceso do emprendemento.
  • Identificar as diferentes liñas de financiamento existentes para impulsar iniciativas empresariais. 
  • Reflexionar sobre a importancia dunha correcta atención ao cliente.
  • Identificar as diferentes distincións/certificacións de calidade ás que pode optar unha empresa. 
  • Coñecer o traballo dos concellos, encamiñado a estimular a economía local a través da formación a mentorización e o apoio a pequenos emprendedores. 

 Podes ler a noticia premendo na ligazón de El Correo Gallego ou na de La Voz de Galicia.

AdxuntoTamaño
fd4244f4-5e36-4d19-ac08-f899d43b1ba0.jpg53.92 KB
92b37b04-f13e-4904-ade0-da5ac69e46ee.jpg104.89 KB


page | by Dr. Radut