Skip to Content

De Maeloc a Castelao

O xoves 21 de abrilIsabelle Kerdudo visitou o noso centro para dar a charla De Maeloc a Castelao sobre a situación das linguas minorizadas como o bretón e máis o galego.

Isabelle, nada na Bretaña francesa, e actualmente profesora de francés na EOI de Santiago de Compostela, propuxo ao noso alumnado de 4º ESO unha serie de preguntas sobre o idioma bretón e sobre personaxes célebres da historia ou da literatura desa rexión francesa. Expuso tamén un mapa lingüístico e explicou as medidas que se están a tomar na Bretaña para recuperar falantes e evitar a perda do idioma. Fixo polo tanto referencia ás Écoles Diwan -escolas asociativas laicas nas que o ensino se imparte na lingua bretona-, ás Escolas de Ensino Galego Semente, ás Calandreta -escolas nas que se imparte a lingua occitana- e ás Ikastolas -centros nos que a lingua vehicular é o eúscaro-, por exemplo, para amosar un xeito de preservar, protexer e fomentar o uso das linguas minorizadas e evitar así a súa desaparición.

A charla de Isabelle foi ben interesante para a rapazada, que participou activamente e se interesou polo tema. Esta actividade, foi proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e contou coa colaboración da nosa poeta Rosa Enríquez, profesora de Francés deste centro. Tendo conta do éxito, esperamos que se poida repetir para o vindeiro ano escolar.

AdxuntoTamaño
c1d19219-8470-47d3-be03-b98a73fccf43.jpg33.67 KB
bf6dc932-a581-412a-9c5b-7e68f74c273c.jpg28.27 KB


page | by Dr. Radut