Esquema de temas

  • Relixión 4º E.S.O.

  • Tema 1

     A orixe do ser humano

    Unha pregunta difícil

    A pregunta sobre a nosa orixe está na mente do ser humano desde sempre, porque a nosa orixe dinos moito de quen somos; e segue a estar, pois a ciencia continúa a propoñer ou perfeccionar teorías para contestar a esa pregunta. A teoría máis coñecida é a da Evolución, formulada hai máis de 150 anos por Charles Darwin.

    Para Darwin, o ser humano foi froito, coma todos os animais, da evolución das especies. Esta evolución, producida por cambios na descendencia (hoxe en día explicados pola xenética) fai que algunhas especies sobrevivan e outras desaparezan, en función da súa capacidade de adaptación ao medio no que habitan.

    O ser humano provén da rama dos primates, na que sucederon cambios físicos como o aumento do tamaño do cerebro; o bipedismo (camiñar a dúas patas), que deu paso á liberación das extremidades superiores; ou o desenvolvemento do polgar opoñible, que permitiu a manipulación precisa dos obxectos. Estes cambios físicos fixeron do ser humano unha especie única, capaz de adaptarse a case todos os medios posibles.

    O evolucionismo intenta explicar o como deses cambios; é dicir, mediante que mecanismos apareceu o ser humano. Pero ningunha teoría científica pode chegar a explicar o «para que», é dicir, a finalidade deses cambios.

    Aquí é onde entra a relixión: non explica o como, senón o sentido ou o porqué da orixe do ser humano. Por que existimos? Ten algunha finalidade a existencia do ser humano? Hai algún ser superior que producira, mesmo a través de mecanismos como o da evolución, a aparición do ser humano?

    Así o explica o Catecismo da Igrexa Católica:


    «Non se trata só de saber cando e como xurdiu materialmente o cosmos, nin cando apareceu o home, senón máis ben de descubrir cal é o sentido de tal orixe: se está gobernado polo azar, un destino cego, unha necesidade anónima, ou ben por un Ser transcendente, intelixente e bo chamado Deus». (n.284)


      Para responder estas preguntas debemos acudir, en primeiro lugar, á Biblia e, en segundo lugar, á tradición e autoridade da Igrexa.

      A orixe do ser humano na Biblia

      A Biblia ten dous relatos sobre a orixe do ser humano, os dous no libro da Xénese. Son algo diferentes e, ao lelos xuntos, vemos que se complementan.

      O primeiro relato está no capítulo 1: Xn 1, 26-31


      -Fagamos ao home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos reptís todos da terra.

      E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia. E bendiciunos así: -Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos reptís todos da terra.

      E díxolles aínda:

      -Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e todas as árbores
      que dan froito coa súa propia semente: serviranvos para a mantenza. Ás feras todas do
      monte, aos paxaros do ceo e aos reptís que viven na terra doulles a herba para a mantenza.

      E fíxose así.

      Vira Deus canto fixera e era de verdade moi bo.

      E completouse o sexto día.

      Fonte: abibliagalega.com


      O segundo relato aparece no segundo capítulo: Xn 2, 4b-23


      Cando o Señor Deus fixo a terra e o ceo, na terra non había aínda ramallada nin
      xermolaba herba no campo, porque o Señor Deus non fixera chover sobre a terra nin
      existía o home que traballase o agro. Da terra xurdía un manancial que regaba o campo, e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva.

      O Señor Deus plantou un xardín en Edén, cara a oriente, e puxo nel ao home que formara.(...)

      O Señor Deus pensou: "Non está ben o home só. Vou facer para el unha axuda ao seu
      xeito". O Señor Deus formou de terra as feras do monte e os paxaros do ceo, e
      presentoullos ao home, para ver que nomes lles puña. Cada ser vivo levaría o nome que o home lle puxese. O home púxolles nomes aos animais domésticos, aos paxaros do ceo e ás feras do monte. Pero entre eles non había unha axuda ao seu xeito. Entón infundiu o Señor Deus un sono profundo no home, e este adormeceu. Tiroulle unha costela e cerrou con carne o sitio. Da costela do home formou unha muller e presentoulla ao home. O home exclamou:

      -Agora esta é coma min, o mesmo óso, a mesma carne. Chamarase muller, porque IMAXE E SEMELLANZA DE DEUS o home.



      Da lectura atenta destes textos podemos tirar varias conclusións:

      • O ser humano foi creado por Deus. Non provén do azar ou da casualidade, senón do plan e o cariño de Deus.
      • Como ser creado, é unha criatura; é dicir: non se creou a si mesmo, senón que precisa doutro ser (Deus) para comezar e manter a vida.
      • O ser humano provén da terra ou da natureza, como todos os demais seres vivos: foi formado «do po da terra». Pero ten algo máis: Deus soprou un alento, un hálito, un espírito, e comunicoulle así a vida. É dicir, o ser humano ten algo da terra, pero ten tamén algo de Deus.
      • O ser humano, varón e muller, está feito a imaxe de Deus, é dicir, como un espello de Deus. Todo ser humano é imaxe de Deus e participa da dignidade divina.
      • Por iso, a dignidade humana está por riba da dignidade dos demais seres e animais da terra.
      • Somos seres sociais. Deus ve que o varón precisa da muller: os seres humanos necesitámonos os uns aos outros para ter unha vida plena.
      • A Deus gústalle a creación: no relato da Xénese 1, di ao final de cada día «e vira Deus que era bo». Ao final do sexto día, o día que creou ao ser humano, di «era de verdade moi bo». É dicir: a creación e todo ser humano posúen unha natureza boa.
      • O ser humano ten poder sobre toda a terra e sobre todas as criaturas. Non é o poder de destruír, senón o poder de utilizar para a súa supervivencia e plenitude. Temos poder para dominar e coidar a creación.

      Que di a Igrexa?

      Un documento moi importante da Igrexa, a Constitución Gaudium et Spes do Concilio Vaticano II, afirma:


      Ensina a Sagrada Escritura que o home foi creado «a imaxe de Deus», capaz de coñecer e amar ao seu Creador, constituído por El como señor sobre todas as criaturas visibles, para que as gobernase e fixera uso delas, dando gloria a Deus. (...)

      Pero Deus non creou ao home só, xa que, desde os comezos, «creounos varón e muller», facendo así, desta asociación de home e muller, a primeira forma dunha comunidade de persoas: o home é, en efecto, pola súa mesma natureza, un ser social, e sen relacionarse con outros non pode nin vivir nin desenvolver as súas propias calidades.

      Deus, como lemos tamén na Sagrada Biblia, «contemplou todo o que fixera, e atopouno moi bo».


      Este documento baséase, fundamentalmente, na Biblia, insistindo en:
      • Fomos creados a imaxe e semellanza de Deus.
      • Capaces de coñecer e amar ao noso creador.
      • Feitos donos de todas as criaturas, para gobernalas e facer uso delas, e así loar a Deus.
      • Creados como seres sociais.

      Durante moito tempo, cando se interpretaba a Biblia ao pé da letra, a Igrexa rexeitaba toda explicación científica que non dixera exactamente o mesmo que a Biblia. Pero a actual interpretación da Biblia abre as portas a moitas explicacións científicas.

      A Igrexa non nega a teoría científica da evolución, pois pode ser compatible coa afirmación de que Deus creou ao ser humano. Por iso o Papa Xoan Pablo II, nun discurso dado a estudosos sobre «fe cristiá e teoría da evolución» (1985), afirmou: «non existen obstáculos entre a teoría da evolución e a fe na creación, de entenderse correctamente».

      Pero afirma que a ciencia non pode explicar que ten o ser humano que o fai diferente dos demais animais: unha dimensión espiritual. E iso espiritual é, como di o Concilio Vaticano II, o que nos fai capaces de «coñecer e amar ao seu Creador», capaces de relacionarnos con Deus. Nesta dimensión espiritual é onde se fundamenta a nosa dignidade, a dignidade humana, ese valor especial que ten todo ser humano, e do que falaremos no seguinte apartado.

      Se o ser humano fora un elo máis da evolución, non nos diferenciaríamos en dignidade, nin como obxectos de comportamento moral, do resto dos animais.


      • ...



        • Este tema

          2ª Avaliación

          >>>Feliz 2023: Aproveitar cada día e as súas oportunidades. Significado de Bendición. Empezamos co Documento "Todo tiene su tiempo"

                    

          Todo tiene su tiempo (Ecl 3,1-14)

          >>>Resumen del capítulo I  de FORJADORES DE HISTORIAS (J. M. R. Olaizola, jesuita)


          Nuestra historia, a medida que vamos creciendo, se sustenta sobre momentos que nos conectan con lo más auténtico del ser humano: el amor, lo más divino que hay en nosotros.

          El pasado: lo ya vivido, memoria y lugar de la experiencia, aprendizaje, sabiduría; nos ayuda a iluminar el presente. Lo vivido es escuela de vida. Aprendemos a ver el paso de Dios en la vida, leyendo e interpretando aciertos y errores, desde su Amor. Sostiene y acompaña nuestro crecimiento.
          El futuro: tiempo de los sueños, proyectos, metas, deseos, ilusiones, imaginación, motivación, ideales, perspectivas, esperanza. Pero siempre con la vida en el presente (realismo).
          El presente: el tiempo inmediato que tenemos. Ni nostalgia estéril (presos del pasado), ni entusiasmo sin raíz (presos del futuro). Es el tiempo para el ejercicio de la responsabilidad y la libertad concretas, sin evasiones.
          Nuestro tiempo, marcado por la postmodernidad, exagera la exaltación de lo inmediato, que no valora la experiencia ni tiene en cuenta las consecuencias; y se vuelve irresponsable.
          Estamos llamados a vivir, conectando el hoy, con el ayer y el mañana. Es el tiempo de las personas.

                                 Enfermedades del tiempo
          a) Presentismo: sin raíces ni horizontes, sin memoria ni esperanza. Perdemos la perspectiva de la vida real.
          b) Impaciencia: matamos la capacidad de saber esperar. Estresados por las prisas. Todo necesita "su tiempo".
          c) Nostalgia: absolutizamos el pasado. Memoria encadenada. La clave es agradecer y aprender.
          d) Idealismo ingenuo: conduce a la decepción. "Habriaqueísmo". El horizonte, sin base real, o el presente, sin horizontes, son estafas que padecemos.
          e) Idealizar la juventud: desplazar la experiencia y la madurez; lo natural y saludable es saber vivir, valorando adecuadamente todas las etapas de la vida, sin despreciar ninguna.
          f) Aburrimiento: desmotivación en todo y para todo.

                              Pistas para vivir desde el tiempo de Dios (Fe, Kairós)


          A) La agenda de Jesús: "Pasa por el mundo haciendo el bien" (Hech 10,38) Vive cada momento con equilibrio; es intenso en calidad, memoria, vida, nombres... Nunca dice "no tengo tiempo".
          B) Saber parar y cuidar, sin pasar de largo (parábola del Buen Samaritano, Lc 10): cuidado con las prisas y urgencias innecesarias. Atención verdadera a las prioridades.
          C) La lentitud de la semilla (parábola del sembrador, Mc 4): aprendizaje de la paciencia y la espera. Ocupados, mejor que preocupados. Aceptar los ritmos lentos, los procesos naturales.
          D) Responsabilidad: vivir en la verdad y la libertad (Parábola de los talentos, Mt 25); la riqueza gratuita del tiempo. Rendir y compartir con el Don que hemos recibido.
          E) El horizonte del hijo pródigo (Lc 15). Nuestra gran meta: ser como el Padre. Armonizar presente, pasado y futuro. Saber valorar y disfrutar la gratuidad de lo que somos y tenemos.
          F) La riqueza que no aparece en Forbes. Buscar primero el Reino de Dios; el corazón en el Tesoro... Generosidad de vida y acciones concretas, para compartir tiempos gratuitos.
                                 >>>>>>>Conclusión: “EN TI VIVIMOS, NOS MOVEMOS Y EXISTIMOS”(Hechos 17,28). Que nuestros horizontes y ritmos de vida (kronos), se abran al Amanecer de Dios y al Regalo de su Amor (Kairós). Cuidar hábitos de vida saludable, al ritmo de Dios, al compás de SU TIEMPO.

                            





          >>>Temas 3, 4, 5 e 6 de Edixgal.

          >>> Xornada Escolar da Paz. "Felices os que traballan pola Paz".

          >>> Mans Unidas:  "FRENAR LA DESIGUALDAD, ESTÁ EN TUS MANOS"

                                                               ---Materiais educativos e vídeo.


          >>> Calendario da Coresma (Odres Nuevos - Patricia e Nacho). Elaborar un Decálogo.


          >>> A Historia da Igrexa: Luces e sombras. (Desde a Palabra e mirando á realidade actual).


        • 3ª AVALIACIÓN


          GUIÓN DE TRABALLO:

          >>>>>> Pascua xudea e cristiana

                           Explicación bíblica e aplicación práctica, nas situacións do mundo actual.


          >>>>>> O CREDO CRISTIÁN:  as verdades fundamentais da Fe.

          >>>>>> OS VALORES DOS 10 MANDAMENTOS. Proposta para unha relación de calidade con Deus e cos demáis.

          >>>>>> OS 7 SACRAMENTOS, CELEBRACIÓNS E EXPERIENCIAS DE VIDA. Iniciación, Curación, Vocación


        • Tema 5

          • Tema 6

            • Tema 7

              • Tema 8

                • Tema 9

                  • Tema 10