Esquema de temas
- BENVIDAS E BENVIDOS
- ORIÉNTATE
- OPV: Toma de decisións e vocación
- ACCESO Á UNIVERSIDADE
- ADMISIÓN FP
- PROCEDEMEMTO ARA (acreditación de competencias profesionais)
- ENSINANZAS ARTÍSTICAS - NOVAS
- NOVAS FP Datas importantes
- TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL
- 25N - Contra a violencia de xénero
- OBRADOIRO QUÉROTE+
- 8M: Vivir en Igualdade, Vivir pola Igualdade
- IDENTIDADE!
- ABALAR E ABALAR MÓBIL
- INSERCCIÓN LABORAL
- IDIOMAS
- Cursos gratuítos preparatorios CELGA
- BECAS E AXUDAS
- CONCURSOS E PREMIOS
- ED. ADULTOS E PROBAS - ESA E BAC
-
-
EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela
Na actualidade impártense no noso centro 2 graos, un deles con dous itinerarios diferentes, e 3 ciclos formativos:
GRAOS. Nivel MECES 2 / EQF6:
- Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda. 4 anos. 240 créditos ECTs.
- Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto. 4 anos. 240 créditos ECTs. 2 itinerarios:
- Xeral.
- Xoiaría e Complementos. NOVO!!!
CICLOS SUPERIORES. Nivel MECES 1 / EQF5:
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Fotografía. 2 anos. 120 créditos ECTs.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Técnicas Escultóricas. 2 anos. 120 créditos ECTs.
- Ciclo Formativo de Grao Superior en Ensinanzas Artísticas Profesionais en Xoiaría Artística. 2 anos. 2.000 horas.
Tamén ofrécese formación modular dos talleres de: 1) Policromía, e 2) Dourado e Prateado, respectivamente, así como monográficos destas mesmas temáticas.
Pódese atopar máis información na propia páxina web (www.easdmestremateo.gal).
A finais de marzo (se todo vai segundo o previsto será os días 21 e 22) organizaremos tamén unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para o público xeral, de xeito que se hai algún/ algunha estudante especialmente interesado/a, poida asistir, por exemplo, acompañado/a de seus pais. A comezos do mes de marzo abriremos un formulario para anotarse a través da nosa páxina web (www.easdmestremateo.gal).
Aproveitamos a ocasión para manifestar a nosa dispoñibilidade para calquera dúbida que vos poida xurdir. En breve achegaremos a GUÍA DE TITULACIÓNS actualizada co novo itinerario de Xoiaría e Complementos.
-
ESCOLAS DE ARTE E SUPERIORES DE DESEÑO DE GALICIA.
Xa está aberto o prazo de admisión para as Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia. En Galicia hai 4 EASD’s de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia na que se imparten os graos en Deseño (equiparables aos graos universitarios) e as ensinanzas artísticas profesionais (equiparables a FP):
- EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
- EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
- EASD Ramón Falcón, en Lugo.
- EASD Antonio Failde, en Ourense.
Nos seguintes enlaces pode atopar a información relativa ás probas de acceso para o vindeiro curso 2024/25:
Ademais, cremos que pode ser de interese os seguintes enlaces para responder algunhas das preguntas mais frecuentes sobre este proceso de admisión, nos que tamén están dispoñibles para descargar exemplos de probas de convocatorias anteriores.
- Preguntas frecuentes sobre o acceso aos Graos de Deseño
- Preguntas frecuentes sobre o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos)
Para ampliar información sobre a nosa oferta formativa, pode consultar os plans de estudos das diferentes especialidades que se imparten no noso centro:
- Grao en Deseño Gráfico
- Grao en Deseño de Interiores
- Ciclo Superior de Dourado, prateado e policromía
- Ciclo Superior de Escultura aplicada ao espectáculo
- Ciclo Superior de Fotografía
- Ciclo Superior de Ilustración
- Taller modular de Cerámica
- Taller modular de Madeira.
Para resolver calquera dúbida ou aclaración, pode contactar con nós a través deste correo ou do teléfono 981 225 396 .
Moitas grazas!
-